Bisbarra, 28 de decembro do 2020 – A Asociación Hostalaría Compostela recibiu na súa sede a unha delegación da Asociación de Empresarios de Ribeira.
A asociación de Compostela e a de Ribeira iniciaron deste xeito un proceso de colaboración para defender os intereses do sector nestes momentos. A delegación de Ribeira estivo encabezada polo seu presidente Francisco Martínez, e dous dos membros da súa sección de hostalaría e restauración, Lorenzo Novo e Antonio Alján.
Situación crítica en Ribeira
Ademais dos problemas comúns que afectan ao conxunto da hostalaría galega, na reunión tratouse a extrema situación que viven os hostaleiros de Ribeira, actualmente en nivel máxima de alerta. Co peche perimetral, a prohibición de servir no interior e tendo que rematar o servizo ás 17:00 horas, as dúas entidades consideran que se trata dun peche encuberto.
Os hostaleiros consideran que ese “peche” debería ir acompañado necesariamente por unha indemnización por parte do Goberno galego que garanta a supervivencia dos negocios.
As dúas asociacións denuncian o prexuízo que causa a alta dependencia á estacionalidade de verán e nadal que ten a hostalaría nesta comarca; e o que causan os peches inmediatos, por exemplo, cos acopios de mercadoría que quedan sen saída.
Escasez de axudas
Tamén lamentan a escaseza tanto no plan aprobado polo Consello de Ministros (sen axudas directas, paralización de impostos ou a ampliación dos ERTES ata o verán, e cunha rebaixa nos alugueiro sen aplicación en Galicia) como nas axudas da Xunta de Galicia, que “deixaron
fóra a moitos locais debido á letra pequena e que, meses despois da súa aprobación, aínda non se abonaron a aqueles que si cumprían cos requisitos”.