займ срочно

Historias da Hostalería: Camilo

0

Tabernalia, 15 de marzo do 2022 – Moitas das tabernas e casas de comida de Compostela naceron como unha prolongación das adegas de toda Galicia. A máis famosa pode que sexa El Asesino, que abriu no 1877, pero o Camilo, moito máis recente, comparte moitas cousas con aquel.

Era maio de 1942 cando Camilo comezou a servir na Raíña viño das súas adegas de Arnoia. O local mantívose aberto ata finais de1986 sendo unha referencia gastronómica na cidade. Uns poucos meses despois da xubilación de Camilo o local reabría nas mans do actual xerente, Inocencio Pereira, que nos conta eses primeiros pasos.

Inocencio Pereiro

Dúas cousas distinguen ao Camilo, a boa comida baseada no produto e unha clientela que a forza de repetir acaba converténdose en amiga. Os turistas teñen aquí unha oferta excelente pero son eses amigos os que converten ao local en algo especial.

Ademais do bo trato, a boa comida, co cociñado xusto, é un dos mellores argumentos do Camilo. O restaurante foise adaptando aos novos tempos pasando de aqueles eventos con varios pratos a unha oferta que mantén o mellor produto pero moito máis acorde aos tempos actuais

As paredes do Camilo están cheas de fotografías cos famosos das últimas décadas. Políticos, músicos, xornalistas, persoeiros de todo tipo que en moitos casos fan por volver. Unha das moitas anécdotas de Inocencio é dun dos días nos que, pese a saír todo ben, pasouno máis mal e ten como protagonista ao que fora presidente francés François Mitterrand

Outra historia, das moitas que ten, fala dun cumpreanos moi especial dunha señora que con 106 anos seguía manexando e ordenando como si tivera moitos menos

O Camilo segue cada día colleitando sucesos e amigos, enchendo o almacén de imaxes que cada certo tempo mudan o decorado do local. Van alá case 80 anos da mellor restauración.  Dúas etapas marcadas por Camilo Alberto, o que lle dou nome ao negocio, e por Inocencio, Ino, que soubo manter e mellorar un legado de prestixio que o converte nunha das principais referencias hostaleiras da cidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies