Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Colaboradores

Hal e Miseducation of Cameron Post na visión de Mandingo das películas de Cineuropa

the-miseducation-clase-slide_r

Hoxe martes 20 de novembro, traemos dous filmes do mellorciño visto polo de agora no festival de Cineuropa. O documental HAL (2018) de Amy Scott sobre a figura única e irrepetible do cineasta Hal Ashby, auténtica lenda contracultural e a magnífica “indie” THE MISEDUCATION OF CAMERON POST (2018) de Desiree Akhavan, que ven de recoller unha morea de galardóns nos festivais de cinema onde concursou.

Hai ben pouco falábamos da escasa importancia que no Estado sóenlle dar as distribuidoras o xénero documental, arte maior para moitos de nós que de cando na vez temos a sorte de gozar.

Amy Scott agasállanos cun sentido homenaxe a Ashby, filmador e editor de como mínimo cinco ou seis filmes imprescindibles na época máis convulsa do Grande Hollywood. Aquela que a finais dos Sesenta, mudou a política ditatorial das Majors que viron coma esa panda de mozos melenudos e barbudos puña patas arriba todo o sistema establecido. 

Cheo de vivencias narradas polos propios actores presentes dos feitos coma Jane Fonda, Norman Jewison, Jeff BRidges, Jon Voight, Louis Gosset jr. e tantos outros, o filme repasa a traxectoria orixinal xurdida da inqueda mente dunha das máis “rara avis” que o mundo do cinema estadounidense tivo a sorte de ter.

Contada con axilidade, formidablemente ben editada, encaixada na perfección no tempo de metraxe, HAL  é un gozo total para tódolos amantes dese “outro cinema” de propostas tan afastadas dos canles de distribución habituais. Coas doses de humor xustas, na grande parte polas impagables anécdotas que os invitados contan das rodaxes e da peculiar maneira que Ashby tiña de velo mundo, o documental é unha pequena xoia merecedora dos eloxios máis elevados.

Tedes a oportunidade de gozala no seu derradeiro pase do xoves 23 e descubrir para aqueles que non coñezan o legado de Ashby, de títulos tan inesquecibles coma ese canto de amor imposible entre HAROLD AND MAUDE (1971), a denuncia racial na THE LANDLORD (1970), a denuncia da desfeita no Vietnam na crúa COMING HOME (1978), a loita polos dereitos dos traballadores na BOUND FOR GLORY (1976) ou a crítica -adiantada no tempo- aos medios de comunicación e a exaltación que fan das mediocridades coma Soma necesario para manter a raia ó libre-pensamento na sociedade na xenial BEING THERE (1979).

Non perdades a oportunidade de descubrir a un xenio por desgraza bastante descoñecido. Gozado ó filme de Scott coma primeiro paso para ver os filmes dun cineasta que só quixo levalo troco no mundo a través do amor. Bertrand Russell, non predicou no deserto, por fortuna.

Repasa todas as críticas de Mandingo

E coma peche por hoxe falamos dunha refrescante comedia negra que conta cousas moi serias e que por incrible que semelle, acontece aínda agora no pais Imperio e exportador de Liberdades e Dereitos.

THE MISEDUCATION OF CAMERON POST é a ópera prima da neoiorquina Desiree Akhaven, que tamén asina xunto a Cecilia Frugiuele o texto que adapta a novela homónima que Emily Danforth escribira no 2012, sobre unha lesbiana de 12 anos que na década dos Noventa, vai enviada pola súa familia a un campo de internamento para “curar” a súa “enfermidade”.

O filme, que levou honores no Sundance Festival (é unha produción moi prototipo dese certame), recolle a testemuña na súa estrutura narrativa doutras películas recoñecibles coma a desternillante LITTLE MISS SUNSHINE (2006) de Faris e Dayton ou a sobrevalorada JUNO (2007) de Reitman.

Tremendamente áxil no seu visionado, Cameron (boa interpretación de Cholë Grace Moretz, actriz xa solvente e que con seguridade liderará a grela de cómicos da súa xeración) é unha adolescente que ten que aturar o réxime case carcelario do campo de reeducación dirixido con man de ferro e guante de seda pola Dra. Lydia Marsh, particular Srta. Rottenmeier que só a enfermeira Rutched da ONE FLEW OVER THE CUCKOO´S NEST (1975) é capaz de rivalizar en odio e homofobia.

Pronto fai núcleo de resistencia -coma se dun THE BREAKFAST CLUB (1985)se tratase- con dous rapaces máis ante os intentos de curación do persoal do campo e doutros “pacientes”. Xente saída dos pesadelos negacionistas, antievolutivos, adoutrinados coma se dunha seita davidiana propia do RED STATE (2011) de Kevin Smith.

Filme que fai equilibrios entre o drama máis escuro coma o BOYS DON´T CRY (1999) de Pierce e o LILA DIT ÇA (2004) de Doueiri. Rimos por non chorar, gozamos da intelixencia nos diálogos, negamos coa testa o rumbo sen destino dos responsables da institución que ven nos sufridos rapaces cobaias para experimentar as súas propias frustracións.

Sempre igual. Un mundo dirixido por incompetentes, ignorantes e adoradores da segregación.

Película non só recomendable, senón necesaria.

Mañá mércores, seguiremos no Cineuropa , con máis filmes a destacar.

Post navigation

Previous: Lousame demandará a Unión Fenosa solución aos microcortes de subministro
Next: Exposición sobre violencias machistas na Praza do Obradoiro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

melide mercado medieval slide
3 minutes read
  • Axenda

Mercado Medieval de Melide

silleda presentacion festa da empanada bandeira 25 xullo 2026
2 minutes read
  • Axenda

A Festa da Empanada cumpre 50 anos

Cartel das próximas citas de Cultura Dispersa en Rois
2 minutes read
  • Axenda

Rois continúa promovendo Cultura Dispersa

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.