Músicas na linde, 17 de xaneiro do 2024 – Despois dun merecido descanso, Guadi Galego volve aos escenarios en este 2024 cunha pequena xira denominada “Síntese horizonte”.

Guadi Galego resume a súa carreira cunha posta en escena deseñada para os tres concertos da xira e cunha banda tamén pensada para este proxecto. Guillerme Fernández (guitarra acústica eléctrica e sintetizada), Rubén Iglesias (baixo e sintetizadores), Isaac Palacín (batería e percursión), Álex Fernández (teclados) contando ademais coas colaboracións de Paula Romero, Faia Díaz, Inés Salvado e Rocío Giménez no coro.
Falamos con Guadi Galego no inicio das vacacións de Nadal e comezamos por ese descanso que se tomou nos últimos meses e que, como nos conta, necesitaba despois de moito traballo e moitos concertos.
Este ano non haberá novo discos de Guadi Galego pero o pasado día 12 publicaba unha colaboración con Rozalen (“todo eso te daré”) e antes xa publicara ODA, un canto á madurez e que non fala directamente dela pero ten moito seu.

Os tempos cambiaron e agora todo pasa máis rápido, e complicado reter os sucesos e mesmo o xeito de escoitar a música cambiou. Preguntámoslle por como vive estes cambios unha artista con máis de 25 anos sobre os escenarios.
A xira “Síntese horizonte” é un proxecto moi persoal, no que resume un pou a súa traxectoria e mostra o traballo realizado con unha nova visión.
Unha xira de tres concertos que quixo que visualmente tamén fora moi especial e por iso escolleu teatros, espazos que se adaptan a unha posta en escena que vai máis alá do típico concerto.
Non queremos acabar a conversa sen preguntarlle polos novos artistas do panorama galego e polo respecto que mostran ante as xeracións anteriores. Por iso e por cales son algunhas das súas propostas preferidas.
Falar con Guadi Galego é sempre aprender algo, a súa visión repousada está impresa na súa música e despois de está xira tan persoal a seguirá levando por toda a xeografía coa súa banda de sempre. Xa sexa con “Síntese Horizonte”, ou con outros concertos,non deixedes de escoitar a Guadi Galego en directo porque é algo para lembrar.
As entradas para a estrea de Síntese Horizonte o venres 26 de xaneiro en Santiago xa están esgotadas, mais aínda é posible adquirir os billetes para as citas de Ferrol (27 de xaneiro no Teatro Jofre) e de Pontevedra (13 de abril no Teatro Principal, no marco do ciclo Resoan).
As entradas, nos dous casos, pódense adquirir na plataforma www.ataquilla.com .