Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña

Gromo de Covid nunha granxa de visóns da Baña

Medio Rural informa dun foco de Covid nunha granxa de visóns do concello da Baña, é o primeiro da nosa comunidade e o segundo en España.
a-banha-xunta-granxa-visones-slide-22-xaneiro-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • A Baña, 22 de xaneiro do 2021 – A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia informa dun foco de Covid nunha granxa de visóns do concello da Baña, é o primeiro da nosa comunidade e o segundo en España.
    • Inspeccións periódicas
    • Queixas ecoloxistas

A Baña, 22 de xaneiro do 2021 – A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia informa dun foco de Covid nunha granxa de visóns do concello da Baña, é o primeiro da nosa comunidade e o segundo en España.

Imaxen de Derek Naulls en Pixabay

Galicia acolle o oitenta por cento de este tipo de granxas de todo o estado. Na da Baña hai máis de 3.000 animais que seguindo os protocolos establecidos serán sacrificados en próximas datas.

Inspeccións periódicas

A detección di foco produciuse nun dos controis de vixilancia establecidos no “Programa de prevención, vixilancia e control de SARS-CoV-2 en granxas de visón americanos en España” elaborado polos ministerios de Agricultura e de Sanidade. A explotación permanece inmobilizada e sometida a vixilancia e control oficial polos Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural.

Este foco notificarase oficialmente por parte do MAPA á Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE) e á Comisión Europea, tratándose do segundo caso de infección por SARS-CoV-2 en visón americano en España, tras o detectado no pasado mes de xuño nunha granxa da provincia de Teruel.

Queixas ecoloxistas

Organizacións ecoloxistas veñen denunciando desde hai tempo o risco de este tipo de explotacións. Según ADEGA estas granxas teñen o maior risco de dispersión de infección de todo o estado. Esta mesma organización denunciaba o pasado mes de decembro que parte das producións situadas en Galicia poderían ser ilegais según unha sentenza do ano 2016.

Adega defende o peche absoluto de estas instalacións e pon como exemplo o sucedido nos Países Baixos “O impacto económico non compensa en absoluto o mantemento dunha actividade de tan alto risco biolóxico e de saúde. En Dinamarca pecháronse todas as granxas, unhas 1200, que daban emprego a 1800 persoas. Seguindo esta proporción, as 26 granxas galegas manterían uns 40 postos de traballo”.

Post navigation

Previous: Ames recupera a atención telefónica para as persoas en risco vulnerabilidade ou confinamento
Next: A Rede de Calor de Silleda, seleccionada no Proyecto Clima 2019

Máis novas

Vista da Baña, imaxe de arquivo
2 minutes read
  • Xeral

A Baña destina máis de 600.000 € a melloras de estradas

Imaxe duha das edicións da PequeRachada da Baña
2 minutes read
  • Xeral

PequeRachada na Baña

Cartel anunciando a festa dos Maios na Baña
2 minutes read
  • A Baña

A Baña celebra unha nova edición dos Maios

Imaxe do pleno celebrado en A Baña
3 minutes read
  • A Baña

A Baña segue pagando as débedas do pasado

a banha segunda carreira popular 13 marzo 2026
4 minutes read
  • A Baña

A Baña celebra o domingo 3 de maio a II Carreira Popular

Vista da Baña, imaxe de arquivo
3 minutes read
  • A Baña

A Baña activa un plan estratéxico de vivenda

A Baña reparte máis de 8000 filloas na XXII Festa da Filloa da Pedra
2 minutes read
  • A Baña

A Baña repartiu máis de 8.000 Filloas da Pedra

Alonso Caxade dedícalle unha canción á Festada Filloa da Pedra da Baña, que xuntou miles de persoas
3 minutes read
  • A Baña

A Baña celebra este domingo a XXII Festa da Filloa da Pedra

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.