Bisbarra, 17 de xaneiro do 2023 – A Asociación de Veciños de San Xoán de Grixoa presentou un escrito por rexistro no concello de Santa Comba na que denuncia o estado das pistas da parroquia.
Os veciños expoñen no seu escrito o “estado precario e lamentable no que se atopan as vías de comunicación na aldea de San Xoán de Grixoa”. Preguntan tamén polo motivo polo que “se arraxou só unha pista, a cal solo da acceso a unha vivenda, quedando as vías moito máis transitadas sen arranxar”.




Fontes consultadas por Lindeiros explican que a única vivenda coa pista de entrada arranxada pertence a unha persoa que foi parte da lista electoral do Partido Popular, actualmente no goberno de Santa Comba, nas anteriores eleccións municipais.
Os veciños de Grixoa piden no seu escrito que “se raparen a carreteira de Grixoa a Armán así como as pistas do interior da aldea e que se faga de forma urxente. Que se teña por informado o Concello de Santa Comba do estado no que se atopan, co fin de que si se produciran danos en vehículos, persoas, animais, vivendas por entrada de auga, etc. , se poda facer as reclamacións que en dereito nos asisten”.