Padrón, 13 de maio do 2017 – Pedro Gregori e Gonzalo Cubino volven a casa e reestrean as cores do Cortizo-Anova tras abandonar a disciplina do Equipo Bolivia. Dous alicerces que reforzarán o Club Ciclista Padronés que vén de cultivar un notable inicio de tempada.
Gregori (Valencia, 1987) brillou a tempada pasada nas filas do equipo de Suso Blanco Villar alzándose como vencedor na prestixiosa Clásica de Pascua organizada polo club, ademais de sobresaír noutras citas conseguindo o 2º posto na Carreira da Ascensión, 3º na Volta a Galicia así como vencedor da montaña na Volta a Valencia. Uns bos resultados que se suman á súa vitoria en 2013 da Volta a Galicia.
Cubino (Salamanca, 1996) regresa ao Cortizo-Anova como gran promesa tras un inicio de tempada na que cultivou moi bos resultados. Precisamente, fai tan só unha semana coroábase 6º na xeral (2º categoría sub23) en Madrid nunha proba cun trazado moi similar ao Gran Premio Macario, proba que disputará o equipo este fin de semana e á que acudirá o bejarano para reestrear as cores.
XIX Gran Premio Macario
O Cortizo-Anova desprázase este domingo a terras madrileñas para participar no XIX Gran Premio Macario, proba que clausura a Copa de España do presente curso e na que o equipo dirixido por Suso Blanco Villar aspira a loitar polos postos de honra para dar continuidade á súa notable tempada.
O Trofeo Macario, unha das probas máis prestixiosas do calendario nacional, disputarase sobre un percorrido de 155 quilómetros de notable esixencia con saída e meta no municipio alcalaíno. 28 equipos tomarán a saída e deberán afrontar ata cinco portos de montaña puntuables co Alto de Torres (3ª categoría), que se ascenderá ata en tres ocasiones, o Alto de Loranca (2ª categoría) e o Alto de Pezuela (3ª categoría). Métalas volantes estarán situadas en Villalbilla e Torres de la Alameda.
Nesta ocasión, o Cortizo-Anova desprazará ata Alcalá de Henares a Marc Sánchez, Mario Arranz, Samuel Rodríguez, Hugo Vaz, Paulo Silva, Alejandro Arribas e ao recentemente reincorporado Gonzalo Cubino.