Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Uruguai nos Encontros Americanos da Granell

granell encontros americanos slide 26 novembro 2025

A Fundación Granell segue organizando os seus “Encontros Americanos” co obxectivo de coñecer un pouco máis ás nacións e aos persoeiros do outro lado do Atlántico.

A A Doutora en Historia Contemporánea Silvia Facal será a encargada de ofrecer unha visión sobre Uruguai, A cita este xoves 27, as sete da tarde, baixo o título “Rutas emerxentes: a inmigración recente en Uruguai (2009-2023)”

Uruguai é un país marcado por movementos migratorios de ida e volta que, nun mundo cada vez máis globalizado, responden tanto a desaxustes económicos provocados polo sistema capitalista como a situacións de persecución por diversas razóns.

 A inmigración, pasada e presente, é parte desa realidade. A chegada de inmigrantes a Uruguai desde 2009 ata hoxe proveñen principalmente de rexións de orixe non tradicionais, como República Dominicana, Venezuela e Cuba.

Tamén crece o fluxo de arxentinos e de migrantes doutros países de América Latina; en menor medida chegan da América Anglosaxona, Europa, Asia e África. Este encontro explorará as características dos principais continxentes migratorios que chegaron ao país desde 2009 ata a actualidade, moitos dos que foxen non só de problemas económicos, senón tamén de persecucións de tintura política.

Silvia Facal Santiago

Doutora en Historia Contemporánea e de América (USC), Máster en Inmigración (Universidade Pontificia Comillas, Madrid), Licenciada en Ciencias Históricas (Universidade da República, Uruguai). Profesora e investigadora na  Universidade Católica do Uruguai. Directora da Cátedra Magallanes: viaxes e viaxeiros e da Cátedra de Xudaísmo Nisso Acher. Dirixe a liña de investigación dos “movementos migratorios de ida e volta en Uruguai”. Consultora internacional de temáticas vinculadas cos movementos migratorios. Conta con publicacións sobre temas vinculados cos movementos migratorios polas cales obtivo diversos premios.

Post navigation

Previous: Parolando con Francisco Pérez, alcalde de Noia
Next: Noia acollerá a estrea de “Un matrimonio sen filtros”

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.