Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Charla sobre o pintor Francisco Miguel na Fundación Granell

fundacion granell charla pintor jose miguel 16 setembro 2025_page-0001

Será impartida polo investigador Miguel Anxo Fernán Vello dentro do ciclo “A vangarda arrebatada” sobre a vida e a obra de Francisco Miguel, e Syra Alonso.

A Fundación Eugenio Granell segue coa súa tarefa de divulgación cunha nova charla dentro do ciclo “A vangarda arrebatada” sobre a vida e a obra de Francisco Miguel, e Syra Alonso, organizadas pola Deputación da Coruña e a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).

A charla terá lugar este mércores 17 as sete da tarde na Granell baixo o título “Francisco Miguel, vida, arte e crime”. Miguel Anxo Fernán Vello, escritor, investigador e editor, será o poñente de esta cita. A presentación correrá a cargo de David Lozano da  Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica.

O pintor FRANCISCO MIGUEL  (A Coruña, 1897- Bértoa, Carballo, 1936) foi unha figura central na arte galega das primeiras décadas do século XX. O traballo artístico de Francisco Miguel desenvólvese entre finais dos anos 1910 e 1936, ano do seu asasinato. Ligado ao núcleo coruñés que dará orixe á revista Alfar, a evolución da súa plástica vai levalo desde uns inicios vangardistas até o mundo da figuración tan característica da arte europea de entreguerras.

Nas súas viaxes por Europa e América tivo relación cos mais importantes artistas do momento. Detido tras o golpe de xullo de 1936, foi asasinado polos sublevados fascistas.

Non so enterraron o seu corpo senón tamén a súa arte.

Exhumado o seu corpo no ano 2023 pola Asociación para A Recuperación da Memoria Histórica, celebrarase a homenaxe e acto de entrega do corpo, e enterro no cemiterio de San Amaro, o luns día 29 de setembro nun acto cívico e aberto á cidadanía. Esta charla vai servir para  difundir e recuperar esta vangarda arrebatada.

Miguel Anxo Fernán Vello

Poeta, dramaturgo, pintor e editor, fundador e director de Edicións Espiral Maior. Realizou estudos de Psicoloxía, Filoloxía e Música (Guitarra Clásica). Premio Nacional da Crítica Española en dúas ocasións (1985 e 2005), foi finalista do Premio Nacional de Literatura co libro de poemas “Seivas de amor e tránsito” no ano 1985.

Traducido a máis de dez  idiomas e con máis de 15 libros de poemas publicados, está presente na antoloxía universal de poesía “De totselsvents”, publicada en Barcelona no ano 2004 por Miquel Desclot. Foi deputado no Congreso do Estado español en dúas Lexislaturas.

Post navigation

Previous: Piden que se arranxe a ponte de Lapido en Ames
Next: Novo mercado de produtos de horta en Ames

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.