Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Gran teatro para os máis pequenos, esta fin de semana no Salón Teatro

cdg-gran-teatro-para-os-mais-pequenos-slide-21-dec-2018_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 21 de decembro do 2018 – O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por terceiro ano consecutivo o seu ciclo Gran teatro para os máis pequenos para celebrar o Nadal co público infantil.
    • Pompas de luz e cor
    • Prazas e reservas

Compostela, 21 de decembro do 2018 – O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por terceiro ano consecutivo o seu ciclo Gran teatro para os máis pequenos para celebrar o Nadal co público infantil.

A sede do CDG, o Salón Teatro, acolle a programación especial para estas festas que xira arredor de tres espectáculos. As compañías Xarope Tulú, Malasombra Producións e Galeatro, participan no ciclo Gran Teatro para os máis pequenos que inclúe talleres baixo o lema común Saca a arte que levas dentro e directamente relacionados co que as nenas e nenos verán a continuación no escenario.

 O ciclo arrancará esta fin de semana con Nómades, unha proposta moi visual na que Xarope Tulú xoga co movemento, a música e a palabra para convidar os espectadores a viaxar por paisaxes singulares. O seu obxectivo é subliñar a beleza da diversidade, que dá lugar á aparición de novas tonalidades, texturas e xeitos de vivir, sen que exista un corpo equivocado. Gena Baaamonde é a directora desta montaxe de creación colectiva, que poñen en escena María Roja, Atenea García e Diego M. Buceta.

O espectáculo representarase mañá sábado 22, ás 19,00 h., e o domingo 23, ás 12.30 h. Dúas horas antes de cada función, dará comezo o taller Vísteme despacio. O espazo escénico e o vestiario, no que as cativas e cativos crearán escenas que rachen cos estereotipos e os roles de xénero a partir do xogo co espazos escénico, a creación de personaxes e o seu vestiario.

Pompas de luz e cor

Nos mesmos horarios desenvolverase o sábado 29 e o domingo 30 o espectáculo Os fabulosos cleaners, de Malasombra Producións, xunto ao obradoiro Visto e non visto. As texturas da luz. Dirixida por Marcos Orsi e Xoque Carbajal, quen é tamén un dos intérpretes xunto a Jouse García, esta montaxe con pompas de xabón está pensada como unha experiencia visual para participar toda a familia.

En relación con este espectáculo, o taller que o precederá incidirá no concepto de arte efémera como forma de expresión fugaz, para o que se traballará con diferentes materiais, texturas e iluminación.

Para finalizar, na primeira semana de 2019 chegará a quenda de Galeatro, a compañía de Alba Bermúdez e Tone Martínez, que porán en escena Muiñada o xoves 3, ás 19,00 h. e o venres 4, ás 12,30 h. A montaxe proponlles ás nenas e nenos de hoxe unha viaxe á tradición popular galega a partir da historia de Sabela e Xacobe, que se atopan nun dos moitos muíños de auga espallados por Galicia nese tempo por un malentendido coas quendas das muiñadas.

Dúas horas antes destas funcións, terá lugar o obradoiro Cántame un conto. O espazo sonoro e os cantos, que a través do xogo coas historias e os refraneiros populares, abordará as técnicas de dramaturxia e o traballo coas actrices e actores, ademais de afondar no impacto do son na construción de ambientes sobre o escenario.

Prazas e reservas

Para facilitar a conciliación familiar durante as festas, o Centro Dramático Galego oferta entre 20 e 30 prazas para as diferentes sesións dos talleres, que volverán ser impartidos por Elena López co obxectivo de que as nenas e nenos entendan mellor o espectáculo que verán despois, ademais de coñecer como funciona por dentro o mundo do teatro. Nestes obradoiros poderán participar sos, mentres que nas funcións é necesario que estean acompañados por cando menos un adulto.

A entrada a estes talleres está incluída no Bono de Nadal, previa reserva de praza no teléfono 881 867 229 (de luns a venres, de 9,00 a 14,00 horas), e abrangue así mesmo un mínimo de catro entradas para calquera dos espectáculos ofertados a un prezo especial de seis euros cada unha. Ademais, existe unha tarifa familiar ao mesmo prezo (mínimo de tres entradas para unha mesma función mais talleres), así como billetes individuais a oito euros.

Fóra dos devanditos bonos, a tarifa dos obradoiros é de cinco euros cada un e o pago farase no despacho de billetes do Salón Teatro, aberto desde media hora antes do seu comezo. Tamén aquí poderán mercarse as diferentes modalidades de entrada, soltas ou combinadas, cuxa venda anticipada está dispoñible no web entradas.abanca.com.

Post navigation

Previous: Compostela despide o ano deportivo coa San Silvestre
Next: Pallas@s en Rebeldía trae a Compostela o Festiclown

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Un dos taxis que se usan en Santtiago
3 minutes read
  • Xeral

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.