Palas de Rei, 10 de maio do 2017 – O Castelo de Pambre, a apenas un quilómetro do punto no que unen as súas canles os ríos Pambre e Ulla, foi o escenario elixido para presentar a nova edición do programa Goza do Ulla.
O programa reúne aos roteiros de sendeirismo que discurren polas veiras do Ulla e nel participan os 20 concellos de Galicia polos que discorre o río.
Os roteiros do Ulla suman un total de 130 quilómetros de percorrido que van desde o seu nacemento nun prado de Olveda (Antas de Ulla) ata a súa desembocadura en Vilagarcía. Nas últimas reunións municipais tratouse a posibilidade de que os roteiros se uniran fisicamente de xeito que o sendeirista puidera percorrer toda a distancia sen abandonar as veiras do rio.
O programa, que comeza o próximo día 20 en Antas e que conclúe en outubro en Arousa, inclúe unha vintena de rutas de senderismo, cada unha nun dos concellos que participan no programa. Na bisbarra de Compostela están concellos como o de Touro, Vedra ou Vila de Cruces.