займ срочно

Millóns de euros para apoiar a sustentabilidade na bisbarra

0

Bisbarra, 15 de decembro do 2022 – O Goberno aproba 16 proxectos de sustentabilidade turística en destino para Galicia con fondos do Plan de Recuperación

Dos catro proxectos para a sustentabilidade da provincia da Coruña tres están na bisbarra de Compostela. Destínanse á  Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa Zona Norte, que implica ao Barbanza; á Asociación Local Terras de Santiago e á Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle que conectará por fin a capital con Cerceda.

Os proxectos son financiados grazas aos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Galicia recibirá en total 34.575.400 euros. Na Conferencia Sectorial de Turismo, celebrada este mércores, e na que se tomaron estas decisións a Ministra de Turismo Reyes Maroto dixo que “hoy dimos un paso muy importante para mejorar losa destinos turísticos españoles y hacer de ellos el motor de la competitividad”.

Sustentabilidade e competitividade

Os tres proxectos da bisbarra de Compostela reciben investimentos millonarios que apostan pola sustentabilidade e a competitividade. O plan Barbanza Arousa recibe un millón e medio de euros e céntrase en intervencións nos museos da Salgadura e da Conserva, ademais de incluír a rehabilitación sustentable do Liceo Marítimo Rianxeiro no que se denomina “viaxe a través da historia dos sabores”

Nas Terras de Santiago traballarase nunha nova experiencia enogastronómica cun investimento dun millón tres centos mil euros. Incluído nunha estratexia a nivel nacional o obxectivo é o desenvolvemento dun produto de turismo enogastronómico cun forte compoñente experiencial ligado ás actividades e á paisaxe agroalimentaria e que mobilice ao territorio cara a modelos de xestión sustentables e competitivos.  En terceiro lugar o proxecto Vía verde Compostela-Tambre-Lengüelle disporá de algo máis de un millón trescentos mil euros.  O obxectivo principal impulsar o destino turístico da Vía Verde como unha alternativa de turismo sustentable baseada no desenvolvemento dun produto turístico singular a partir da gastronomía e o resto de recursos materiais e inmateriais do territorio vinculados a ela (patrimonio histórico, paisaxístico, cultural…).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies