Teo, 9 de xullo do 2019 – O pleno de organización do concello de Teo confirmou o esperado por todos e PP e BNG votaron en contra da proposta de soldos do equipo de goberno.
O certo é que en este momento o goberno non ten soldos, o alcalde non cobrará pero porá contratar unha persoa de confianza, os grupos terán asignacións e as asistencias as comisións, plenos e distintos órganos tamén serán pagadas.
O pleno foi pouco a pouco sacando a diante as distintas cuestións sen apenas debate. Tan só iniciouse un pequeno diálogo con respecto á colocación dos grupos no salón de plenos. O BNG propuxo que todo o goberno se sentará xunto e fronte a cidadanía, algo que o PP estaba tamén disposto a apoiar pero que ao final non se concretou en nada.
A polémica chegou co puntos destinado aos soldos e dedicacións do equipo de goberno. A proposta era de 5 dedicacións máis unha ao 75% e unha persoa de confianza para a alcaldía. O BNG non quería pasar de cinco dedicacións exclusivas e admitía a de confianza. O alcalde Rafa Sisto pedíalle ao BNG que explicará porque non entrara no goberno e porque ia votar en contra dunha proposta que na práctica era inferior a do 2011 cando os nacionalistas si gobernaban
O portavoz do BNG, Manuel Anxo Baz, insistía en que non querían que o goberno tivera máis de cinco dedicacións o que resultaba un pouco contraditorio xa que ao mesmo tempo dicía que poderían cobrar máis incluso mentres non se pasara de ese número
O BNG emitía tras o pleno un comunicado non que se mostraban contrarios a unha subida da masa salarial do 11% e lembraban que o goberno terá un concelleiro menos que no anterior mandato polo que “é posible gobernar con menos do que propoñen”. Insisten tamén en que o voto favorable a alcaldía de Rafa Sisto non é un cheque en branco e terán que negociar.
Mentres o PP non dou argumentos e limitouse a dicir que estaban en contra de esta proposta.
O pleno completo pódese ver en Youtube