Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O goberno de Compostela fai balance dos dous anos de mandato

compostela bañance dous anos SLIDEA 17 xunho 2025

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a tenenta de alcaldesa, María Rozas, visibilizaron a unidade da coalición nun encontro cos medios de comunicación no Pazo de Raxoi.

No acto a alcaldesa de Compostela repasou algúns dos logros conseguidos en estes dous anos de goberno e que marcan a traxectoria da coalición. O desbloqueo da operación Peleteiro, a taxa turística, a regulación de pisos turísticos ou distintas obras da cidade foron algúns dos fitos destacados por Sanmartín.

Tamén puxo en valor o feito de ter aprobados dous orzamentos pese a estar en minoría e o bo avance de proxectos xa iniciados como a EDAR o a estación Intermodal. A alcaldesa rematou a intervención comentando “Se isto todo que acabo de vos ensinar aconteceu en dous anos, imaxinade o que pode pasar dentro de dous anos máis cando cheguemos a 2027”.

Goretti Sanmartín defendeu “que os datos obxectivos se impoñen” fronte aos que preconizaban ou falan de caos, aínda que tamén sinalou que “fica moito que facer en Compostela”. “O Pazo de Raxoi xa non será o mesmo cando remate a obra que nestes momentos está en marcha, que fará este edificio máis accesible para a veciñanza e que permitirá, ao mesmo tempo, coñecer a súa historia”.

Durante a súa intervención, incidiu que este goberno está tomando decisións “estruturais e, por tanto, a medio e longo prazo, mais cuxos resultados xa comezan a verse”. A modo de exemplo, anunciou que esta semana se dará a coñecer a modificación puntual da regulación de usos do ‘Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica’.

Entre outras novidades, avanzou que non permitirá a implantación de novos establecementos de tendas de recordos convencionais ou souvenirs en practicamente toda a cidade histórica e que limitará no recinto intramuros os negocios automatizados (como consignas ou máquinas expendedoras).

Un Santiago mellor

Pola súa banda, a tenenta de alcaldesa incidiu en que “acadamos avances moi significativos e sementamos outras transformacións que están por vir,  e hoxe temos un Santiago de Compostela mellor que hai dous anos”.

 María Rozas salientou que o Goberno de Compostela está cumprindo o compromiso asumido hai dous anos de que este fora o mandato do social “e temos avances incontestables, avalados polas cifras dos orzamentos, e que levan os nomes e apelidos das 22.000 persoas atendidas polos Servizos Sociais municipais, a cifra máis alta da historia coa excepción de 2020, e xusto cando Santiago ten a taxa de desemprego máis baixa da historia”.

A concelleira recordou os esforzos feitos polo Concello para incrementar o orzamento das bolsas de comedor escolar, actividades e material “coas que chegamos ao 20% dos nenos e nenas de Santiago, unha porcentaxe superior á de calquera outra cidade galega”; e as melloras introducidas nos programas de conciliación “cunha oferta por primeira vez para crianzas maiores de 12 anos”.

O reforzo do Servizo de Axuda no Fogar foi outro logro ao que se referiu a tenenta de alcaldesa, que salientou que “o Goberno local apostou por este servizo, e por asumir os custos que a Xunta segue sen asumir ainda sendo a súa competencia”.

María Rozas referiuse tamén á cuestión da mobilidade. Ao respecto, sinalou que “apostamos claramente, tamén do punto de vista económico, porque o do transporte sexa un verdadeiro servizo público, e aínda con todas as complexidades desta licitación temos sentadas as bases para un contrato que responda mellor ás necesidades da veciñanza”.

A tenenta de alcaldesa explicou que, entretanto, avanzamos noutras cuestións como a aprobación do PMUS, a planificación de novos carrís bici, o implantación dunha liña de bus directa ao aeroporto, ou o problema da falta de taxis “que este Goberno abordou por primeira vez”.

 Por último, a tenenta de alcaldesa reivindicou que “traballamos noutras pequenas actuacións que melloran a vida da xente, como o arranxo do CSC de Vite no que se van investir máis de 300.000 euros; a apertura da Casa das Máquinas, o acondicionamento do Parque do Berce do Sar, ou o proxecto de restauración ambiental do Ecobosque do Banquete de Conxo, “seguindo unha maneira de facer política que é a de escoitar á veciñanza”.

Post navigation

Previous: O San Martiño de Teo consegue a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia
Next: Val do Dubra impulsa o I Plan de Infancia e Adolescencia 2025-2029

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.