займ срочно

O goberno central apoiará a innovación en concellos da bisbarra con axentes especializados en este eido

0

Bisbarra, 24 de xaneiro do 2022 – O Goberno vén de aprobar as axudas para contratar axentes locais para o desenvolvemento de iniciativas vencelladas á innovación.

Ademáis do concello da Coruña, accederán a estes axentes Santiago de Compostela, Robeira e Ames. O Delegado do Goberno, José Miñones. destaca que “Os axentes de innovación serán unha figura esencial
para os concellos, axudando a alcanzar os seus retos de futuro
mediante asesoría e redes de coñecemento apoiadas na ciencia e
tecnoloxía”

Miñones explica que o Ministerio de Ciencia e Innovación aprobou a concesión de 128.177,5 euros para que estes concellos poidan contratar este persoal técnico. O Delegado engadiu que “supón una nova mostra da vocación municipalista do Goberno, esta vez nun ámbito tan relevante como a innovación”.

Jose Miñones engade que estas axudas están orientadas a concellos que pertencen á Rede de Cidades de Ciencia e Innovación, a Rede Innpulso. A través destas axudas, o Ministerio contribúe co 75% do
custo anual desta contratación nos municipios de entre 20.001 e 100.000 habitantes (Ribeira, Ames e Santiago) que perciben 34.957,5 euros cada un, mentres que nas cidades máis de 100.000 habitantes (A Coruña) financiará ata o 50%, o que significa unha aportación de 23.305 euros. Cada concello deberá realizar a contratación do axente local de innovación nos tres meses seguintes á notificación da orde de
concesión das axudas.

O delegado do Goberno detallou que os axentes de innovación se dedicarán en exclusiva á implementación das políticas de innovación municipais. Esta figura promoverá o desenvolvemento de proxectos de innovación dixital, a licitación de proxectos de compra pública de innovación, e os plans de sostibilidade, aforro enerxético ou economía circular. Tamén fomentará o emprendemento tecnolóxico e social local.

Rede Innpulso

A Rede Innpulso é un foro de encontro das cidades galardoadas coa distinción ‘Cidade da Ciencia e a Innovación’ que concede o Ministerio de Ciencia e Innovación. Actualmente está integrada por 63 cidades de todos os tamaños e cada ano recibe novas incorporacións. O galardón ‘Cidade da Ciencia e a Innovación’, creado en 2010, ten como obxectivo recoñecer as cidades que se diferencian polo seu compromiso e aposta pola I+D+i, apoiando á innovación nos seus territorios, definindo políticas, potenciando estruturas, institucións e empresas locais cun forte compoñente científico, tecnolóxico e innovador.

A través desta Rede poténciase a colaboración entre estes concellos en materia de políticas innovadoras, compártense boas prácticas na xestión destas políticas, e foméntanse iniciativas de comunicación destes proxectos aos cidadáns. Así mesmo, a Rede Innpulso é un axente activo de promoción de políticas como a compra pública de innovación, o apoio ás pemes e os emprendedores, e a participación en proxectos no contexto do Programa Horizonte Europa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies