Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

Ghaleb Jaber Ibrahim, impulsor da Fundación Araguaney, pregoeiro do Apóstolo

Ghaleb Jaber pregoeiro das festas do Apóstolo

Compostela, 21/07/2026 – Ghaleb Jaber será o pregoeiro das Festas do Apóstolo 2026. Unha certa reconciliación coa cidade á que lle debe tanto e que lle debe tamén tanto a él. Lindeiros o entrevistou en febreiro do 2015, nun momento no que non estaba moi dacordo co rumbo que levaba a cidade. Tedes a entrevista completa aqui

Ghaleb Jaber Ibgrahim (Einyabus, na actual Palestina) chegou en febreiro de 1970 a Compostela para estudar Medicina. Na capital galega converteuse en doutor, empresario da hostalaría e elemento fulcral do audiovisual galego coa creación da produtora CTV. O seu labor cultural é outra das facetas cruciais da súa traxectoria coa Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, a través da cal contribuíu a proxectar o Santiago diverso e lugar de intercambio cultural que é a capital galega.

Ghaleb Jaber, médico e refuxiado, súmase aos nomes de Leilía, Lucía Freitas e Blanca Millán cos que o Concello volve celebrar a diversidade da que tanto se enorgullece en Santiago e as diferentes formas de ser e sentirse santiagués e santiaguesa. Esta diversidade que quedou acreditada en anos anteriores, incorpora a traxectoria de Ghaleb Jabeb empresario en diversos eidos e referente no coñecemento da realidade do mundo árabe en xeral, e da causa Palestina en particular. En definitiva, unha voz que leva Santiago de Compostela dentro e fóra e unha persoa con profundo arraigo na capital galega e en toda Galicia.

Ghaleb Jaber no ano 2015, imaxe de Loli Fernández para Lindeiros

O protagonista do pregón destaca a importancia do nacemento da Fundación Araguaney en 1984, “unha idea necesaria” e que 42 anos despois continúa desenvolvendo un importante traballo cultural, traballando para a sociedade e para a xente. “É un punto de ligazón con toda a sociedade compostelá”, afirmou.

As Festas do Apóstolo comezarán o 22 de xullo co concerto da Real Filharmonía de Galicia que terá lugar ás 20.00 horas na Praza da Quintana baixo a batuta de Baldur Brönnimann e a voz da soprano Lada Bockova. Ás 21.30 horas, o pregoeiro pronunciará a súa alocución desde o balcón do Pazo de Raxoi.

Post navigation

Previous: Teo instala un sistema de cámaras nos accesos ao municipio
Next: A Tarara, Festa Xitana en Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.