Este luns comeza a segunda edición de Conecta FICTION, un encontro profesional sobre a creación, o financiamento e a produción de contidos audiovisuais para televisión. Naceu coa intención de servir de ponte, e mercado, entre Europa e toda América. Na primeira edición, o ano pasado, conseguiuse un éxito de participación superando amplamente as previsións que se tiñan.
Na edición 2018 incorporase o Conecta FICTION FEST, un festival pensado para mostrar contidos ao público en xeral e engadir un apartado máis lúdico ao encontro. Lindeiros falou coa directora de Conecta FICTION, Geraldine Gonard, para coñecer como se valoran os resultados da primeira edición e que nos ofrece este segundo encontro.
Geraldine naceu en Burdeos aínda que a súa carreira profesional desenvolveuse sempre en España. Incorporouse á industria audiovisual a finais dos 90. Pasou por distintos postos e no 2016 fundaba a súa propia empresa, Inside Content, que se dedica a búsqueda de financiamento para coproducións internacionais e a distribución de produtos audiovisuais. Comezamos preguntando pola primeira edición de Conecta FICTION que resultou un éxito de participación e serviu para descubrir a necesidade dun encontro de estas características.
A edición do 2018 aproveita a experiencia do primeiro encontro para proporcionar aos profesionais un lugar no que establecer alianzas e acordos, trátase máis de crear que de vender
Gonard explica que a industria europea vive un dos seus mellores momentos, sempre se exportou produción pero nunca tanta como na actualidade e nunca con tanto talento e calidade como a que teñen os contidos de hoxe en día
A finais da semana comezará Conecta FICTION FEST, un evento aberto ao público xeral que complementa a parte profesional. En esta primeira edición haberá talleres, presentacións e maratóns de series. É un festival pensado para a cidade e para disfrutar de produtos pensados para televisión en pantalla grande
Conecta FICTION FEST é tamén unha oportunidade para que os máis xoves poidan saber un pouco máis co que se van atopar si é que deciden dedicarse a esta industria
Para Geraldine Gonard Conecta FICTION é tamén unha oportunidade para reunir a moitos profesionais cos que traballou ou coincidiu ao longo da súa dilatada traxectoria
Aproveitamos ese coñecemento da industria e dos que traballan en ela para saber si son tan difíciles de manexar ou é máis ben unha visión que se ten desde fora
Para rematar pedímoslle que nos recomende algunha serie co que a metemos nun compromiso porque na actualidade hai moito e moi bo
Geraldine Gonard ten un carácter resolutivo, a imaxe de tranquilidade que transmite esconde unha mente en constante movemento que domina a perfección o mundo da produción e coñece todos os recunchos da industria. Baixo a súa dirección Conecta FICTION estase a converter nunha cita que engadir a axenda de Compostela e agora, co Conecta FICTION FEST, un reclamo máis que engadir para os que queiran visitar a cidade.

