займ срочно

A sede do GDR e o Centro de día centraron o pleno do Pino

0

O Pino, 31 de marzo do 2022 – A ubicación da sede do GDR, actualmente no concello do Pino, centrou parte do debate do pleno ordinario de este concello.

O grupo socialista presentou unha moción para que o GDR se mantivera na actual ubicación, no concello do Pino. O alcalde, Manuel Taboada, que na actualidade exerce de presidente explicou que “a decisión correspóndelle ao socios”.  Engadiu que moitos dos concellos do Grupo de Dsenvolvemento Rural, GDR, solicitaran en diferentes asembleas que a sede social rotara polos distintos municipios.

Taboada tamén explicou que na actualidade “hai unha proposta do Concello de Boimorto para ceder unhas oficinas na casa consistorial para o GDR”. O alcalde do Pino considera que sería unha ubicación máis céntrica que beneficiaría ás entidades que solicitan axudas do GDR.

Na votación, a moción foi rexeitada cos votos do equipo de goberno (6) e en contra da oposición (3 do PSdeG e 2 do BNG).

Convenio para a construción dop Centro de Día

O Pino sumarase ao convenio Xunta-Fegamp para ter un centro de día e residencia de maiores. O concello contará co apoio da Consellería de Política Social e  suporá un investimento superior ao millón de euros. Este proxecto fora analizado o pasado mes de decembro polo alcalde e a conselleira de Política Social, Fabiola García.

No pleno ordinario, en resposta a unha moción presentada polo grupo socialista, o alcalde explicou que este foi o motivo polo que o Concello renunciou a unha subvención de 160.000 euros concedida polo GDR Ulla Tambre Mandeo o pasado ano. Taboada dixo que se fixo seguindo as recomendacións da Conselleria.

Outro dos motivos polo que se renunciou á subvención do GDR é según o alcalde porque “nos obrigaba a ter rematada a obra en outubro deste ano, algo inviable, e nos impedía contar con axudas doutras administracións públicas”, engadiu.

Na moción socialista, Óscar Vilar pedía que o Concello se sumase ao convenio marco entre Xunta e Fegamp e criticaba que renunciara a finais de ano á subvención do GDR “impedindo que outros proxectos puidesen contar con esa axuda”.

O alcalde asegurou “descoñecer por que outros proxectos do GDR non se beneficiaron da axuda á que renunciou o Concello do Pino, porque cando se aproban iniciativas a financiar polo GDR sempre quedan proxectos en lista de agarda por se hai algunha renuncia”.

Guerra en Ucraína

O Partido Popular presentou dúas mocións relativas á invasión rusa en Ucraína. Na primeira, co obxectivo de paliar o impacto económico que esta guerra está a causar en España, solicítalle ao Goberno de España poñer en marcha as medidas acordadas na Conferencia de Presidentes autonómicos celebrada en Canarias.

Manuel Taboada reclamou a baixada de impostos para paliar os efectos da crise en toda a poboación. “Descontos como o do combustible anunciado onte son unha maquillaxe”, sentenciou o alcalde. Pola súa banda, os socialistas consideraron a moción “extemporánea” tras as medidas aprobadas onte polo Executivo. Mentres, o BNG propuxo incluír na moción que o Goberno fixe prezos marco para combustible e electricidade. Na votación, a moción foi aprobada cos votos a favor do Partido Popular e en contra de PSdeG e BNG.

Por outra banda, a segunda moción do PP de condena á invasión rusa en Ucraína foi aprobada cos votos a favor de PP e do portavoz socialista, Óscar Vilar; e coa abstención do BNG e das dúas concelleiras do grupo socialista.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies