Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

García Lorca e o subsolo de Compostela

Os problemas na rúa García Lorca sumáronse á lista de paralizacións por encontros non previstos

compostela reurbanizacion garcia lorca SLIDE 2 xullo 2025

Compostela, 21/04/2026 (Manel Pardo) – Algunhas veces da a sensación de que non se quere ver a cidade na que vivimos. Basta preguntar a calquera arquitecto para saber do medo a abrir o chan de Compostela en calquera pequena obra, o medo a que apareza algo non previsto.

O caso da rúa García Lorca é o máis recente. En xaneiro a obra avanzaba dentro do previsto cando aparece “unha canalización de fibrocemento para o sistema de alumeado público, duns 600 metros de lonxitude e recuberta na súa totalidade por formigón”, tal e como explicaba este luns Miriam Louzao, Tenente de alcaldesa.

Medio quilómetro de formigón obriga a refacer o proxecto e axustar de novo os prazos. Un proceso que rematou onte coa aprobación en Xunta de Goberno e o desbloqueo da paralización para que as obras podan continuar. O retraso final será de dous meses con respecto ao inicial.

Os problemas, como era previsible, enfadaron á veciñanza e deron unha oportunidade á oposición de seguir desenvolvendo o relato da mala xestión. Si o primeiro é comprensible o segundo non porque un se pregunta que faría nun caso así outro goberno municipal.

Pasou, pasa e pasará

Unha das cousas que non ten Compostela é memoria. Pasan os anos e a veciñanza non lembra ben quen fixo que ou quen non o fixo. Remataba o 2020 e os veciños de Concheiros estaban fartos dunhas obras que non tiñan pinta de rematar nunca.

Pero todo o que vai mal pode empeorar. Aparece unha liña de media tensión coa que non se contaba. As explicacións de Xosé Sánchez Bugallo, en aquel momento alcalde en minoría en Compostela, eran que “na información previa para o proxecto a empresa eléctrica non informou de esta liña e en ese espazo estaba previsto unha canalización de auga”.

Dous anos despois reformase a rúa do Pombal, unha obra moi agardada. O concello contaba con que na zona existía unha vella mina de auga pero segundo os planos estaba en terreos privados, Pero en Compostela, as veces, nada é o que parece e a mina estaba tamén en chan público… nova reforma de proxecto e novos retrasos.

Son exemplos do que sucede nunha cidade que ten máis de mil anos. É certo que o atopado en García Lorca ou en Concheiros non son restos arqueolóxicos pero da unha idea de como Compostela foi sumando capa tras capa e como levantes moito a alfombra a saber o que atopas.

Deberíamos como veciños a comezar a asumir que calquera obra pode retrasarse, que non hai nada seguro, pero que se queremos mellorar o lugar onde vivimos ese é o único xeito. Os políticos, todos, teñen tamén que comezar a pensar que si aspiran a gobernar non poden criticar algo que mañá lles pode pasar a eles.

Os informes e os trámites os fan funcionarios que xa estaban e seguirán estando, un novo equipo de goberno non ten porque garantir maior celeridade en casos como este. O caso e non parar, avanzar na mellora da cidade aínda que o tempo que nos leve nunca saibamos de todo canto vai ser.

Post navigation

Previous: Igualdade e diversidade nos concellos
Next: Unto Vello presenta “Inmaterial” en Arzúa

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.