Desde pequenos os xeados foron un premio, unha festa, o remate dunha boa comida ou un día de verán. Xa de maiores, moitos seguen tendo o feito de comer un xeado como un momento especial, distinto para cada un e moi persoal. Con estes antecedentes La Galiciana tiña que ter xeados do mellor e conseguiuno grazas a Central Heladera
Os xeados da Central Heladera naceron en Ourense hai catro anos. Ten tendas en distintos puntos e a da Galiciana, en Santiago, ten como unha das responsables a Yoli Chouza que nos conta como foron eses comezos
A idea de xeado artesán é interpretada dun xeito flexible por algúns dispensadores pero o que non admite dúbidas é o selo de Galicia Calide que conseguían no 2016
A vantaxe dun xeado artesán é que se pode consumir en calquera época do ano, si ben é certo que antes es estacións condicionaban ao consumidor iso está cambiando pouco a pouco
O xeado é, polo feito de ser artesán, un bo dixestivo e lonxe da idea xeneralizada ten menos graxas que os industriais
A Central Heladera manexa 48 sabores distintos. En Santiago podemos atopar 16 deles e un moi exclusivo, o xeado de Tarta de Santiago
En canto ao que máis sorprende ao cliente é fácil adiviñalo, o que máis se vende non ten porque ser o mesmo
Estar na Galiciana supón para Central Heladera a posibilidade de mostrar o seu traballo a moita xente sen a presa de outros locais, o feito de poder pasear por un mercado da tempo para que os clientes falen e comenten e ao mesmo tempo escoiten como se fan os xeados e resolvan posibles dúbidas
A Central Heladera a atopamos nada mais entrar na Galiciana pero volveremos a ela cando rematemos de comer; a veremos de novo o saír e pode que repitamos; e incluso pode que vaiamos alí só a buscar un xeado. Non hai nada que arranxe un mal día ou que mellore un bo como un xeado artesano.