O Teatro Principal encheuse para a gala dos primeiros premios aritmar, que premian a poesía e a música galego portuguesa organizada pola Escola Oficial de Idiomas de Compostela
Santiago, 26 de outubro do 2016 – Estes premios teñen por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editada en Galiza e en Portugal, así como achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco das accións da Lei Valentín Paz-Andrade. Na categoría de poesía gañaron María do Cebreiro, con “O corazón” e José Ricardo Nunes con “Não sei, minha filha…”
Capicua é Ana Matos, un dos novos talentos da música urbana e de raíz electrónica que está a triunfar con Medusa. Coñecida pola súa escrita emotiva e politicamente comprometida, pola espontaneidade e por unha clara actitude feminista, conta xa cunha longa lista de colaboracións, conferencias, proxectos sociais e workshops, sempre arredor da palabra e da música portuguesa.
Xabier Díaz compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, que obtivo o galardón ao mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e ao mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016).
A gala, foi presentada polos artistas Carlos Meixide e Isabel Risco, está promovida pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; patrocinada polas secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística e Concello de Santiago de Compostela e conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.
Este é un breve resumo da gala