займ срочно

Hostalaria.gal firma un acordo coa empresa de suministros IASO

0

Compostela, 3 de febreiro do 2022 – O novo colectivo Hostalaría.gal ven de firmar un convenio coa empresa IASO que asegura descontos en distintos equipos para os socios.

IASO é unha empresa especializada en equipos de exteriores para hostalaría. Entre outros suministros é propietaria da patente dun equipo de redución de ruídos. O acordo con Hostalaría.gal suporá un aforro dun 25% para os socios da entidade.

Redución de ruídos

IASO ten participado nos proxectos de construción de grandes estadios e edificios icónicos da arquitectura civil (Terminal 4 do Aeroporto de Madrid, Estación de Luxemburgo, Universidade de Aveiro, Zenit Arena, San Mamés, Allianz Riviera de Niza, entre outros). É a propietaria da patente dun tecido para toldos, pérgolas ou carpas denominado “Absorbrella” que reduce o ruído en terrazas.

Este tecido absorbe o 100 % do rebumbio e diminúe en catro decibeis o nivel que chega a un primeiro piso. IASO quere vendelo a gran escala e tamén a concellos interesados en reducir a contaminación acústica.

Este acordo de colaboración súmase aos xa existentes con outras empresas referentes en diversos sectores, que poden ser consultados na web www.hostalaria.gal .

Outros equipamentos

O convenio foi asinado por Lois Lopes, presidente de Hostalaria.gal, e o

delegado en Galicia de IASO, Aitor Romero. IASO, un fabricante de ámbito nacional e internacional que exporta a máis de 40 países. Ofrece solucións integrais ás necesidades que se poidan presentar no proxecto da terraza dun establecemento, dende a instalación dun toldo a parasois de gran formato, pérgolas de todo

tipo e pavillóns, velas de sombra, módulos “parking”, biombos paraventos, cerramentos ou teitos de cristal, cortinas de interior e exterior, calefacción ou iluminación led exterior.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies