Compostela, 9 de decembro do 2021 – Santiago Centro Área Comercial repartirá na súa campaña de Nadal 500 agasallos directos.
A promoción de Santiago Centro durará ata o vindeiros cinco de xaneiro. Son un cento de establecementos os que participan e os agasallos van desde tablets ou descontos ata moda e complementos, artigos de beleza e vales de compra de ata 50€.
Os 500 premios foron achegados polos propios negocios e pola Fundación Santiago Centro, nun esforzo para promover a fidelización dos clientes en datas especialmente importantes para o sector.
Se trata de produtos de primeira calidade como gafas das máis coñecidas marcas; memorias USB; mochilas; zapatos; libros; pequenos
electrodomésticos; prendas de moda; cursos personalizados de inglés; complementos; artigos deportivos; reloxos e mesmo cestas de Nadal.
O funcionamento da campaña é moi sinxelo: os establecementos entregan aos clientes un boleto que, ao abrirse, indica se está premiado e onde se pode conseguir o agasallo, sen sorteos e de forma inmediata.
Santiago Centro conta nesta iniciativa co apoio do Concello de Santiago, da Deputación Provincial da Coruña e da Xunta de Galicia.
O obxectivo é apoiar ás empresas no desenvolvemento da súa actividade nunha época clave do ano como é o Nadal. Búscase reforzar a zona moderna de Compostela como área principal de compras da cidade.