Compostela, 18 de maio do 2022 – A Fundación Eugenio Granell continúa o ciclo de maratóns de lectura con textos de autores exiliados, este xoves de José Rubia Barcia.
A Granell segue así o ciclo de maratóns de lectura de autores amigos do artista. Nomes como Ayala, Serrano Poncela, Castroviejo, etc.
O ano pasado a homenaxe tivo como protagonista a Francisco García Lorca, irmá de Federico a quen se dedicou o primeiro maratón de lectura da Granell no 1988.
Rubia Barcia nacido en Ferrol en 1914, obtivo a licenciatura en Letras na Universidade de Granada e trala Guerra Civil española e, despois de pasar por un campo de concentración en Francia, logrou chegar a Cuba onde permaneceu ata 1943. En ese ano marcha para Estados Unidos para ensinar na Universidade de Princenton (na que tamén foron profesores outros exiliados españois), pasando despois a Nueva York.
Rubia Barcia e Eugenio Granell compartiron unha amizade que durou toda a vida e que se deixa ver nas cartas entre ambos recollidas no volume “Correspondencia con Rubia Barcia. Almas gemelas (1940-1993)”, editado pola Fundación Eugenio Granell no 2011.
O libro de lectura deste maratón será “Umbral de sueños”, no que, os textos de Rubia Barcia están ilustrados cos debuxos de Eugenio Granell. Este ano contaremos coa inestimable colaboración da Biblioteca Municipal de Ferrol depositaria dos fondos bibliográficos do Liceo Rubia Barcia. Arredor de 1.500 libros procedentes do legado Rubia Barcia e da propia biblioteca do Liceo.
Como todos os anos pode achegarse calquera ata o Museo de 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.00h, a escoitar ou a participar lendo algún fragmento da obra do escritor seleccionado. Para facer máis doada a organización da actividade, todos aqueles que desexen participar poden chamar aos teléfonos 981 572124 ou 981 576394 ou escribir ao correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org indicando a hora á que lles gustaría intervir.