Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

“Al calor de tu nombre” de Selena Millares preséntase na Granell

O libro parte da figura histórica de José Almoina e trata o amor, o exilio e a violencia política.

fundacion granell presentacion libro 17 outubro 2026_page-0001

Compostela, 17/10/2026 – A Fundación Granell acollerá o vindeiro mércores, ás seis e media da tarde, a presentación do libro “Al calor de tu nombre”, de Selena Millares. Unha obra que xira arredor da figura histórica de José Almoina e o seu periplo desde a República á vida no exilio.

A obra

“Al calor de tu nombre” é unha historia de persecución política, un drama familiar, unha novela de amor e un relato sobre a memoria. A autora aborda o exilio, o desarraigo, a violencia e a fraxilidade das democracias.

Temas que resoan tamén no presente: a migración forzada, a instrumentalización do medo, a persecución ideolóxica mais alá das fronteiras, a propaganda autoritaria, a violencia contra as mulleres e a disputa pola memoria seguen formando parte da conversación pública.

A historia de José Almoina e a súa muller Pilar, comeza na España anterior á guerra, cando a guerra irrompe a separación, o cárcere, a humillación, a fuxida e a incertidume rompen de maneira irreversible o curso das súas vidas.

José Almoina é un republicano galego que fuxe durante a Guerra Civil despois de practicar a loita política en España durante os anos trinta. O seu desterro en Francia e o seu posterior exilio a Santo Domingo e México levarano a el e a súa familia a enfrontarse á represión, a perda de seres queridos e a constante ameaza de morte.

A súa loita e a da súa muller, Pilar, estará marcada pola busca do equilibrio entre defender os seus ideais e conseguir seguridade para a súa familia.

Cunha prosa incontestable, cargada de emotividade, sensibilidade e ritmo, e uns personaxes maxistralmente debuxados, Selena Millares recupera nesta apaixonante novela a figura histórica de José Almoina, un relato de violencia, persecución, crimes, espías e conspiracións, pero tamén de amor e esperanza no complexo taboleiro de xadrez que foron a Europa en guerra e os anos do Pano de Aceiro.

A autora

Selena Millares (Las Palmas de Gran Canaria, 1963) é poeta, narradora e ensaísta, ademais de doutora en Filoloxía e catedrática de Literatura Hispanoamericana na Universidade Autónoma de Madrid.

Traballou en diversas universidades de Europa e América, e colaborou en medios como Info Libre ou El País. En 2014 obtivo por unanimidade o Premio Internacional de Literatura Antonio Machado (Colliure) coa novela “El faro y la noche”, elixida entón entre os vinte libros do verán pola revista de El Mundo. É autora de poemarios como “Páginas de arena” e “Lámpara de madrugada”, a novela “La isla del fin del mundo”, a colección de relatos “Matrioska” e a mostra pictórica “Isla y sueño”.

Recibiu premios como o Città di Sassari (Italia), e entre as súas obras están os ensaios La maldición de Scheherazade e La revolución secreta, entre outros.

Post navigation

Previous: Xornadas Europeas do Patrimonio
Next: Stefano Russomanno falará de Carlo Gesualdo no Luns Do Ateneo

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.