Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

“Bata paisana. Bravas do país” na Fundación Granell

A Granell organiza unha exposición en colaboración coa Asociación de familias e persoas con parálise cerebral de Vigo

fundacion granell inauguracion expo slide 30 setembro 2026

 Compostela, 30/09/2026 – A Fundación Granell acolle desde este xoves a exposición “Bata paisana. Bravas do país”. Unha mostra que se realiza en colaboración coa Asociación de familias e persoas con parálise cerebral de Vigo.

A mostra “Bata paisana. Bravas do país” consta dunha peza central que transcende o formato tradicional para erixirse como un libro-obxecto escultórico e un arquivo téxtil vivo da identidade feminina. Cunhas dimensións de 54 × 43 cm, 6 cm de lombo e 3,7 kg de peso, a obra substitúe o papel pola fibra téxtil e desprégase en pregos que evocan estratos de tempo e memoria.

Confeccionada a partir de sabas antigas de algodón reutilizadas e cubertas de estopa de liño, «Bata Paisana» incorpora aplicacións de teas de auténticas batas de traballo femininas e diversas técnicas de bordado a man.

Cada páxina eríxese como unha homenaxe ás matriarcas, avoas e mulleres que sostiveron os fogares e a comunidade coas súas mans, transformando labores historicamente relegados ao ámbito doméstico nun monumento colectivo e artístico.

«Bata paisana, bravas do país» reivindica o fío como vínculo de reparación, memoria e dignidade. A través dunha metodoloxía activa e participativa, o proxecto visibiliza a potencia creativa e a singularidade de cada xesto dos seus autores e autoras con parálise cerebral, consolidando a práctica artística como unha vía plena de inclusión e expresión sen barreiras.

No acto de inauguración, este xoves día 1 ás seis da tarde, o público terá a oportunidade de atoparse de preto e dialogar con algúns dos e das protagonistas do proxecto, quen compartirán as súas vivencias e o proceso creativo que deu vida a esta obra.

Post navigation

Previous: Luz Fandiño terá o seu recoñecemento
Next: A Maker Faire Galicia organiza unha Xornada de Industria

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.