A Fundación para a Orientación Profesional de Galiza (ForGA) imparte na súa sede do Milladoiro (Ames) catro cursos gratuítos de alta demanda laboral para persoas desempregadas.
Os cursos son de ‘Organización e xestión de almacéns’; ‘Confección de páxinas web’; ‘Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais’; e ‘Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos’.
Esta formación de ForGa serve para que o alumnado obteña a certificación oficial que necesitan para traballar como técnicos/as en xestións de stocks e almacéns, un posto moi demandado polas empresas da comarca, ou como deseñadores/as de páxinas web, outra profesión de elevada inserción laboral.
Os outros dos cursos habilitan para traballar no tratamento dos datos e os arquivos das empresas, e como persoal de limpeza en empresas e oficinas. Hai un límite de 15 prazas por curso e as subscricións deben facerse en www.forga.gal. As persoas interesadas poden aclarar as súas dúbidas no teléfono 981 93 94 34.
Os cursos son 100% subvencionados, inclúen prácticas en empresas e formación en prevención de riscos laborais. Teñen preferencia as persoas desempregadas.
A Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (ForGA) creouse en 1996. Dispón dunha rede de centros homologados de formación. Estes cursos realízanse co financiamento da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación.
