Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

O concello de Frades traballa coa Xunta pola mellora da ETAP de Ponte Carreira

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático,Ángeles Vá

Bisbarra, 12 de agosto do 2024 – A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Frades, Roberto Rey, mantiveron unha reunión na que acordaron colaborar na futura ampliación da estación de tratamento de auga potable (ETAP), de Ponte Carreira.

Na reunión tamén participou o concelleiro de Medio Rural de Frades, Manuel Ferreiro. Augas de Galicia xa avaliou un proxecto inicial de mellora da ETAP,  presentado polo Concello. Desde a Consellería  trasladáronse algunhas modificacións que era necesario incluír. Segundo lle comunicou o alcalde á conselleira, estase a ultimar a proposta reformulada para poder acometer esta iniciativa prioritaria para o municipio.

Actuación

Esta actuación suporía incrementar a capacidade de tratamento e operatividade da ETAP nun 20% a través da substitución das bombas existentes na captación e en alta e a instalación dun novo decantador así como doutro filtro.

Roberto Rey explica que “a necesidade de aumentar a capacidade de tratamento da ETAP é debida ao incremento do número de persoas aboadas a este servizo nos últimos anos, favorecido polas sucesivas ampliacións da rede de abastecemento que fomos executando en Frades nos últimos anos en colaboración coa Xunta de Galicia”.

O alcalde lembra que “a ETAP actual está ao límite da súa capacidade, polo que os filtros teñen que estar traballando as 24 horas do día para poder satisfacer a demanda existente no concello”. 

Pola súa banda, Ángeles Vázquez indicou que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á s súa veciñanza.

Área recreativa da presa

A maiores, a conselleira e o rexedor tamén falaron da petición de cesión do encoro sobre o río Tambre na área recreativa da Presa (Gafoi), que se atopa actualmente en dominio público hidráulico. O Concello prepara un proxecto para a reparación do encoro coa menor afección posible ao medio natural. Unha vez que a Consellería proceda ao seu arranxo da instalación, asinarase un convenio de colaboración para a súa cesión a Frades.

Este cambio de titularidade facilitaría ao Concello de Frades a realización de traballos de mantemento e conservación da área recreativa da Presa, unha das zonas de ocio máis concorridas do municipio.

Deste xeito, o Concello podería acometer a retirada das ramas e árbores caídas durante o inverno, como se realiza no resto das áreas recreativas do municipio, garantindo así que estea nas mellores condicións posibles durante todo o ano.

Post navigation

Previous: A Baña reformará as dependencias municipais grazas ao POS
Next: Padrón estabilizará a 21 traballadores e traballadoras máis co consenso das forzas sindicais e do comité de empresa

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.