Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Frades
  • Xeral

Frades prepara xa a XIX Festa da Merenda

Unha das citas nas que a bisbarra comeza a pensar na primaveira e reúne á veciñanza en Aiazo na Festa da Merenda.

Cartel da Festa da Merenda 2026 en Frades

Frades. 03/03/2026 – É unha das festas máis entrañables da bisbarra. Reúne á veciñanza arredor dun prato caseiro, familiar e que lembra e homenaxea ás mulleres que na posguerra sacaban ideas de onde non había para poder comer.

A Festa da Merenda naceu no 2005 para lembrar as tortillas de masa, que foron moi utilizadas na comarca de Ordes en tempos de necesidade. Unha iniciativa que buscaba lembrar ás novas xeracións a importancia que este alimento tivo noutros tempos.

Máis agora a Festa da Merenda xa se converteu nunha das citas gastronómicas máis agardadas da comarca. Este ano chegará a súa dazanove edición o vindeiro 29 de marzo, Domingo de Ramos.

Como explica a Asociación de Veciños de Aiazo, organizadora da Festa en colaboración co concello de Frades, “coma sempre, poderás degustar e comprar as tradicionais merendas, tomarlle as que queiras, xantar, cear, gozar e bailar todo o día”.

A Area Recreativa d’Os Pasos encherase cun programa musical que inclúe a DJ A30/60, Charanga BBMas, Oerquesta Los Satélites e Orquesta Olympus. Tamén é importante seguir as indicacións da organización en canto a tránsito, uso dos espazos, seguridade e todo o necesario para que sexa un día perfecto e sen problemas.

O cartel de este ano e do artista M. Ramiro.

A Festa da Merenda

A Festa da Merenda é posible grazas ao traballo da Asociación de Veciños de Aiazo, en colaboración co Concello de Frades. Un traballo que comeza días antes co acondicionamento da área recreativa e coa selección do touciño e demais ingredientes das tortillas de masa: auga, ovos e fariña, ambos caseiros, o que lles dá un sabor diferenciado a estas “merendas”.

Se o primeiro obxectivo da Festa da Merenda era que os máis novos coñecesen a tortilla de masa e a importancia que tivo en décadas pasadas (cando era un dos pratos máis empregados na posguerra), agora a “merenda” converteuse nunha festa gastronómica para todas as idades. No seguinte enlace tes informacións de pasadas edicións https://lindeiros.net/tag/festa-da-merenda-de-aiazo/ .

Post navigation

Previous: Suso de Toro “Substituído pola IA”
Next: Compostela acolle una mesa redonda sobre os “narcopisos”

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.