Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades aproba unha transferencia de crédito para arranxo de estradas

Concello de Frades 20170808_135236 slide_r

Os cartos de Frades servirán para o arranxo da estrada entre Castiñeiro Redondo e Marzoa, en colaboración con Oroso, e construír unha senda peonil en Añá

imaxe de arquivo dun pleno anterior

Unanimidade na sesión plenaria ordinaria de maio do Concello de Frades á hora de aprobar unha transferencia de crédito de 33.500 euros. Os cartos pagarán a parte do concello dunha subvención da Xunta para o arranxo dunha estrada entre Castiñeiro Redondo e Marzoa, así como a construción dunha senda en Añá

O alcalde de Frades, Roberto Rey, explicou que “son subvencións que aínda non están concedidas pero temos que dotar economicamente a parte que lle correspondería afrontar ao Concello de Frades”. Os 33.500 euros proceden da partida de gastos de persoal, que non se cubrirá.

Desa cifra, un total de 25.000 euros destinaríanse a arranxar unha estrada entre Castiñeiro Redondo e Marzoa, unha actuación que se acometería conxuntamente co Concello de Oroso e cuxa documentación está xestionando o Concello de Frades diante da Xunta de Galicia. Os outros 8.500 euros permitirían habilitar unha senda en Añá, que discorrerá entre o cemiterio e a Igrexa.

Na sesión plenaria deuse conta tamén do período medio de pago do primeiro trimestre de 2025, que foi de tan só 8,18 días.

Post navigation

Previous: Padrón acolle unha xornada para identificar e reducir as cargas administrativas
Next: O pleno de Compostela deixa unha de cal e outra de area

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.