Frades, 6 de abril do 2022 – Frades asina un convenio de colaboración co taxista Juan Carlos Andrade para poñer en marcha o servizo de bono taxi
O bono taxi servirá para financiar os desprazamentos gratuítos a centros sanitarios do Sergas da veciñanza que o solicite. Os desprazamentos serán dentro da provinicia da Coruña e a convocatoria está aberta de forma permanente nos Servizos Sociais do Concello de Frades (981 695 567).
A convocatoria está dirixida a persoas que vivan soas, teñan máis de 65 anos ou sexan maiores de idade cunha discapacidade recoñecida igual ou superior do 65%. Estas persoas tampouco poderán dispoñer de vehículo propio (ou estar imposibilitada para conducilo) e deben poder utilizar transporte público non adaptado.
Economicamente, pídese que se carezan de ingresos superiores ao 85% do IPREM anual da unidade familiar e que a persoa perciba unha pensión da Seguridade Social por IPT, IPA, gran discapacidade… ou ter un grao 2 ou 3 de dependencia.