Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

A senda entre Ponte Carreira e Aiazo, en Frades, faise realidade

O sexto plan de vías provinciais da Deputación destinará máis de medio millón de euros á nova senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo en Frades.
frades-senda-aiazo-slide-27-setembro-2023_r

Bisbarra, 27 de setembro do 2023 – O sexto plan de vías provinciais da Deputación destinará máis de medio millón de euros á nova senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo en Frades.

Unha obra que irá a pleno este vindeiro venres día 29. O alcalde de Frades, Roberto Rey, destaca o éxito da consecución desta obra, froito “das xestións feitas na Deputación nestes primeiros meses como deputado provincial e despois de moitos anos de defender as nosas propostas porque eran as máis xustas cos veciños e veciñas”.

Rey agradece especialmente o apoio amosado polo anterior responsable provincial de Vías e Obras, Xosé Manuel Pequeño, que “dende que veu visitar a zona e se decatou da necesidade desta senda non deixou de traballar por ela e mantivo o seu compromiso con Frades ata o final, deixando todo listo para que esta licitación sexa unha realidade”.

O alcalde engade que a obra licitarase nunha única anualidade e a Deputación achegará 48.066,64 euros para pagar as expropiacións de terreo aos veciños e veciñas propietarios. “Finalmente, a obra licitarase tal e como solicitou o Concello de Frades dende o primeiro momento e a pesar dos intentos dalgúns responsables políticos de forzar a división do proxecto ou instando a que fose o Concello quen negociara cos veciños a cesión gratuíta dos terreos, cando nesta mesma estrada e noutro concello si que se estaban pagando as expropiacións”, apunta Roberto Rey.

Finalmente, adianta que “nos próximos dous anos que estarei como deputado provincial traballarei para conseguir tamén a senda peonil de Moar ao longo da DP-3801, estrada na que non hai nin un quilómetro de senda en territorio de Frades. Tentaremos axilizar no posible a construción desa senda entre o cruce coa DP-3802 e a igrexa de Moar”.

Catorce anos de agarda

O Pleno Provincial deste venres porá fin a catorce anos de espera do Concello de Frades, dende que no ano 2009 pedir formalmente a inclusión de catro proxectos de sendas no Plan de Seguridade Viaria da Deputación da Coruña. So dous deles, que suman 1,5 quilómetros, están feitos, o que fai de Frades un dos municipios da provincia con menos quilómetros de sendas peonís en estradas provinciais.

O proxecto xa superou os trámites de aprobación tanto pola Comisión de Infraestruturas Viarias, Vías e Obras Provinciais como polo Servizo de Patrimonio e Contratación, ademais de contar cun informe de fiscalización favorable. Unha vez realizadas as expropiacións dos terreos necesarios e de seren licitadas as obras, o prazo de execución será de seis meses.

O proxecto inclúe a construción dunha senda peonil de case 2,5 quilómetros de lonxitude entre os núcleos de poboación de Aiazo e Ponte Carreira, seguindo a marxe esquerda da estrada DP-3802. Na actualidade o tránsito de peóns pola zona é moi perigoso xa que na maior parte do traxecto non hai cunetas transitable nin apenas lugares onde apartar no caso de paso de vehículos. Ademais, esta é unha das estradas de maior tránsito de vehículos no municipio.

Post navigation

Previous: Un roubo deixa sen luz ao velódromo de Vedra
Next: Melide acolle a peza “Lear en la catedrales” dentro do programa de Camiño Escena Norte

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.