Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Remata a construción dunha senda peonil e ciclista na AC-524 en Frades

A Xunta ven de rematar a construción dunha senda peonil e ciclista, na estrada autonómica AC-524, na parroquia de Abellá en Frades.
frades-senda-ciclista-slide-28-xullo-2023-(1)_r

Bisbarra, 28 de xullo do 2023 – A Xunta de galicia ven de rematar a construción dunha senda peonil e ciclista, na estrada autonómica AC-524, na parroquia de Abellá en Frades.

A nova senda supuxo un investimento de algo máis de 225.000 euros. A intervención centrouse na execución dun novo itinerario de 770 metros de lonxitude que dá continuidade á senda da travesía de Abellá.

O novo percorrido favorecerá os desprazamentos cotiás da veciñanza e dos núcleos da Pibideira, O Pazo e Sobre dos Campos, tanto entre estas localidades como á hora de acceder a puntos importantes da parroquia como o cemiterio de Abellá, a Igrexa, a panadería, o supermercado, o consultorio de saúde, o campo de fútbol e o pavillón municipais ou o local social parroquial, entre outros.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, agradece a celeridade da Xunta á hora de acometer esta senda que mellora a seguridade viaria. Rey lembra que esta actuación “se trata dunha primeira fase, pois dende o Concello temos a intención de conectar o núcleo da Pibideira co do Peñasco nunha segunda fase, que acometeremos nos próximos anos”.

Mellora da seguridade

Frades conta con esta nova senda cun itinerario peonil e ciclista pola marxe esquerda da estrada AC-524, de 770 metros de lonxitude, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 7+820 e 8+590.

A sección tipo neste treito da estrada consta de dous carrís de 3,50 metros, beirarrúa de 1,40 metros, unha senda de 2,50 metros en cor terrosa e gabia transitable de 1,20 metros. Nas zonas de cruzamento empregouse pavimento podotáctil, de cor e textura diferente, ao igual que nos pasos de peóns, para facilitar o tránsito das persoas con problemas de visión.

As obras completáronse coa execución do sistema de drenaxe das augas pluviais, coa preinstalación para o alumeado público e a reposición dos servizos e sinais que se viron afectados na intervención. Tamén se instalou mobiliario urbano: bancos de madeira de piñeiro e papeleiras de listóns de madeira con estrutura interior metálica. A actuación do departamento de Infraestruturas da Xunta contou con financiamento da Unión Europea dos fondos REACT EU de resposta contra a pandemia.

Con estas actuacións, a Xunta dá resposta a unha actuación demandada polo Concello, que busca fomentar a mobilidade sustentable nesa contorna, con vivendas situadas nas marxes da estrada, para favorecer os desprazamentos a pé, alternativos ao uso do vehículo particular, e mellorar a seguridade viaria dos peóns, os usuarios máis vulnerables da estrada.

Post navigation

Previous: Festa do Pemento de Herbón o 5 de agosto
Next: Toysal reuniuse coa alcaldesa de Teo para comunicar o peche da estrada da canteira da Casalonga

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.