Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Frades
  • Xeral

Frades convoca catro xornadas dedicadas á saúde no Hotel Balneario Compostela

O Concello de Frades convoca o programa “Mes da saúde”, que inclúe catro xornadas no Hotel Balneario Compostela, en Brión.
frades-xornadas-balneario-slide-23-febreiro-2023_r

Bisbarra, 24 de febreiro do 2023 – O Concello de Frades convoca o programa “Mes da saúde”, que inclúe catro xornadas no Hotel Balneario Compostela, en Brión.

Trátase dunhas xornadas que o concello ven desenvolvendo nos últimos anos. Esta proposta permitirá á veciñanza desfrutar dunha sesión no Balneario Compostela a un prezo razoable grazas á aportación do municipio. As sesións en balnearios están recomendadas en proceos reumatolóxicos, respiratorios, de circulación ou mesmo dermatolóxicos.

As xornadas terán lugar os martes 7, 14, 21 e 28 de marzo. O prezo mantense nos 45 euros e a admisión será por rigorosa orde de inscrición no teléfono 981 695 567, onde se abrirán as inscricións entre o 27 de febreiro e o 4 de marzo. Terán preferencia as persoas empadroadas en Frades.

O Concello de Frades subvenciona o 70% do custo desta iniciativa e porá un autobús a disposición das persoas participantes, que sairá da Grabanxa ás 15:00 horas e as recollerá polas distintas parroquias. Os veciños e veciñas participantes deberán levar traxe de baño, chancletas antiesvarantes e gorro de piscina.

Durante esas catro sesións no Hotel Balneario Compostela desfrutarán dun circuíto termal que inclúe piscinas de chorros, contracorrentes, jacuzzi, saunas, ducha bitérmica e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármores quentes.

O Hotel Balneario Compostela está situado no concello de Brión. Foi inaugurado no ano 2004 e construído con materiais illantes para garantir a tranquilidade.  En canto ao Balneario, a súas augas mineromedicinais son recoñecidas desde os romanos.

Post navigation

Previous: Musicas na Linde: David Regueiro
Next: Melide aposta pola colaboración entre concellos para a dixitalización do ciclo da auga

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.