Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Preocupación pola rotura dun balsa de áridos en Frades

A rotura dunha balsa de áridos da empresa Erimsa, situada en Frades, leva os residuos ata a canle do río Tambre.
Erimsa repor2DSC_0127_r

Bisbarra, 5 de abril do 2023 – A rotura dunha balsa de áridos da empresa Erimsa, situada en Frades, leva os residuos ata a canle do río Tambre.

O 112 recibiu un aviso que fixo activar os mecanismos de protección. A central de emerxencias alertou aos concellos que poderían estar afectados xa que as augas do río Tambre, dos que se nutren, poderían estar contaminadas.

Segundo o 112 “ás 12:10 horas, o persoal de control de verteduras de Augas de Galicia chamou explicou que se producira unha rotura nas balsas de áridos dunha canteira en Frades. A vertedura resultante alcanzou o río Tambre”.

A continuación, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias procederon a informar aos concellos de Frades, O Pino, Oroso, Santiago, Trazo, Val do Dubra, Ames, A Baña, Negreira, Brión, Noia e Outes, que realizan captacións de auga no río afectado.

O SLG pide responsabilidades

O Sindicato Labrego Galego pediu, SLG, responsabilidades polo sucedido. O sindicato presentou denuncia ante a Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade Augas de Galicia, na Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía e na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

O SLG considera que o sucedido podería ser constitutivo de delito contra o medio ambiente e os recursos naturais, así como de infraccións administrativas atendendo ao Regulamento do Dominio Público Hidráulico e outra normativa de aplicación.

O sindicato solicitou que se investiguen as actuacións denunciadas, contribuíndo ao esclarecemento das mesmas e ao mantemento e restablecemento da legalidade. Lembran ademais que se viu afectada a rede natura.

Post navigation

Previous: Adxudícanse as obras de saneamento do núcleo de Caroubáns, en Ames
Next: Vicente Piñeiro gaña o Laudamuco para textos Teatrais

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.