Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades rehabilita o muíño da Ponte Carballa

frades rehabilitacion muinho NORMAL 16 maio 2025 (1)

O muíño de Ponte Carballa está situado na área recreativa do mesmo nome, na parroquia de Abellá e recibiu un investimento de máis de 17.000 euros.

O concello de Frades ven de rematar as obras de rehabilitación do muíño da Ponte Carballa. Uns traballos que foron posibles grazas a unha axuda da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ao abeiro da orde pola que se establecen as bases rdas axudas para estudos e inversións vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede Natura 2000 de Galicia.

O muíño de Ponte Carballa foi tamén confianciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva. Esta actuación supuxo un investimento de case 17.500 euros, dos que 14.442 euros proceden da aportación da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o resto dos fondos Feader.

As obras consistiron na instalación dun novo tellado illante, sobre a que se colocou unha cuberta de tella que substitúe ao anterior tellado, que estaba moi deteriorado. Así mesmo, procedeuse a retirar a madeira danada do taboleiro, que foi substituída por novas táboas de castiñeiro.

A maiores, o Concello de Frades procedeu a abrir a canle de saída do muíño de Ponte Carballa, tal e como existía antigamente, e rehabilitou a canle de entrada. Finalmente, renovouse a porta de madeira do muíño, á que se lle cambou a pechadura.

Post navigation

Previous: “O retorno do máxico”, de  Fonseca á “fraga emocional” galega
Next: O máis lido en Lindeiros do  12 ao 16 de maio

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.