Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades reclama de novo a mellora da atención primaria

frades reclama atencion primaria 24 outubro 2025

Actualización:

Un cento de persoas participaron na concentración pola mellora da atención primaria en Frades convocada polo PSOE de Frades e na que tomaron parte todos os concelleiros da corporación municipal de Frades, encabezados polo alcalde, Roberto Rey Martínez.

O voceiro municipal socialista, Enrique Astray, reiterou que a mellora da atención primaria “é unha reclamación lexítima e que nos afecta a todos porque todos necesitamos da sanidade”.

O Concello está a trasladar ao Sergas as queixas que recibe pero pídelle á veciñanza que presenten esas queixas por escrito e a través das canles establecidas polo Sergas para axudar a reverter a situación.

O grupo municipal socialista convocou unha concentración este sábado á que se sumou o goberno municipal que tamén participará.


Os problemas da atención primaria en Frades veñen de lonxe aínda que foron diminuíndo nos últimos meses. A opción da titular do consultorio de Abellá de prestar servizo no exercito seis meses o ano cando ela decidira foi un problema durante moito tempo que resolveuse cos substitución inmediata por outro médico cando iso sucede.

Agora Ponte Carreira é tamén fonte de queixas que son trasladadas ao SERGAS desde o concello. O alcalde, Roberto Rey, lembra que non teñen competencias sobre o persoal pero que sempre apoiarán as demandas da veciñanza.

Estes problemas son os que levaron aos socialistas de Frades a convocar unha concentración este sábado, ás doce do mediodía, fronte ao centro de saúde de Ponte Carreira. Unha cita á que ven de sumarse o goberno municipal do popular Roberto Rey.

Rey explica que “nós seguiremos apoiando calquera reclamación de máis e mellores servizos para os nosos veciños e veciñas de Frades, especialmente todo aquilo que supoña seguir avanzando nunha mellor atención sanitaria para a veciñanza”.

Queixas e avances

O alcalde de Frades sinala que “o Concello é coñecedor do malestar existente coa atención que se presta. Semanalmente recibimos queixas por  incumprimentos de horario, cambio de citas concertadas ou atrasos á hora de prestar consulta ou expedir receitas, certificados ou informes solicitados. Estas queixas xa foron trasladadas varias veces á Xerencia de Santiago, así como ao responsable de zona, pero é cando nos din que non constan reclamacións dos pacientes neste sentido.  Nós seguiremos trasladando todas e cada unha das queixas que nos dean os veciños, pero animamos aos pacientes a facer uso  das canles establecidas polo SERGAS para que cheguen directamente aos servizos encargados de xestionar as queixas. En caso de non ter claro o procedemento para efectuar estas reclamacións, poden acudir ao Concello onde se lle prestará toda a axuda necesaria”.

Polo demais, Roberto Rey considera que a situación da atención sanitaria en Frades experimentou unha importante mellora nos últimos meses, froito das intensas e continuas negociacións do Concello con responsables da Consellería de Sanidade.

O rexedor lembra que, dentro das súas competencias, o “Concello e Consellería vimos de investir case 50.000 euros na mellora  do centro de saúde de Ponte Carreira e do consultorio de Abellá para garantir que as instalacións sanitarias cumpran todos os requisitos necesarios para que o persoal sanitario poida desenvolver o seu labor en condicións óptimas”.

En canto á atención do persoal facultativo, o alcalde indica que “a acción do Grupo de Goberno conseguiu poñer fin aos problemas que se viñan producindo nos últimos anos polas baixas da titular do consultorio de Abellá. Unhas baixas que agora son substituídas sempre por outro facultativo, cumprindo deste xeito o compromiso cos veciños de que se trataría de evitar a rotación de médicos, xa que os pacientes de Abellá sempre son tratados polo mesmo doutor substituto”.

Roberto Rey agarda poder axudar a solucionar este tipo de problemas dos que se están a queixar os veciños e veciñas de maneira reiterada, principalmente con respecto á atención que se presta no Centro de Saúde de Ponte Carreira, e recorda que o Concello non ten ningún tipo de competencia sobre o persoal do devandito centro, pero seguirá insistindo ante os responsables do SERGAS e da Consellería para mellorar a atención sanitaria en Frades. “Nesa liña, o noso compromiso será sempre o de apoio e acompañamento aos veciños e veciñas que acudan á concentración de protesta convocada para o sábado, cumprindo coa nosa labor como representantes de Frades”, sinala.

Post navigation

Previous: Deputación e concello de Santiso renovan o céspede do campo de fútbol municipal
Next: O máis lido en Lindeiros do 20 ao 24 de outubro  do 2025

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.