Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

“Con valentía podemos vencer” lema de Frades no 25N

A lenda “Con valentía podemos vencer” é a escollida este ano para protagonizar a campaña municipal do 25N en Frades.
frades-25-n-slide-18-novembro-2022-(1)_r

Bisbarra, 18 de novembro do 2022 – A lenda “Con valentía podemos vencer” é a escollida este ano para protagonizar a campaña municipal do 25N en Frades.

A propostas para o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25N, foi realizada por Candela Garea Martínez e Diana Rivadas Porteiro, de 2º da ESO do IES de Ponte Carreira, que gañaron o concurso no que tomou parte todo o alumnado.

O xurado, integrado por profesorado do IES e técnicas municipais, escolleron a proposta de Candela e Diana que, ademais de ser recollida en camisetas, adhesivos e carteis, tamén será inmortalizada nun graffiti no polideportivo municipal de Abellá.

O debuxo para o 25N o comezaron a elaborar, co apoio do concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, que hoxe presentará esta campaña a todo o alumnado do IES de Ponte Carreira.

Resto da programación

A programación do 25N completarase coa instalación dunha mesa informativa no Concello, onde se repartirá material informativo para sensibilizar á veciñanza sobre a eliminación da violencia contra a muller, que terá lugar o vindeiro luns 21 de novembro. Así mesmo, o graffiti que están a elaborar Candela Garea e Diana Rivadas será presentado ao público o xoves 24 de novembro.

Finalmente, o venres 25 de Novembro repartiranse camisetas co debuxo e a lenda “Con valentía podemos vencer” entre todos os nenos e nenas do CPI de Ponte Carreira. Ás 13:30 horas terá lugar a lectura do manifesto “Con valentía podemos vencer” diante da Casa do Concello.

Post navigation

Previous: Son de contos no Auditorio coa Banda Municipal de Santiago
Next: Melloras na área de xogos infantís da unitaria dos Ánxeles en Brión

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.