Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades

Frades presentou a programación de Verán

O Concello de Frades vén de presentar a súa programación para o verán 2022, que recolle máis de trinta actividades para todas as idades.
frades-veran-normal-2-xullo-2021_r

Frades, 22 de xuño do 2022 – O Concello de Frades vén de presentar a súa programación para o verán 2022, que recolle máis de trinta actividades para todas as idades.

O verán en Frades ofrecerá desde trece excursións, a media ducia de actividades deportivas ou numerosas propostas dirixidas á cativada.

O programa de actividades de verán de Frades inclúe ademais un programa de conciliación familiar. O programa completo pode consultarse na web municipal.

O Programa mantén as actividades tradicionais como os Xoves de Praia, a excursión ao Aquapark, o Día do Neno, a Festa da Auga, ou as noites de cine. Tamén se recuperan as actividades deportivas: campionato municipal de pesca infantil, cursos de natación, Día da Bicicleta, campionato de pádel ou o novo curso de pilates de verán.

Frades propón ademais novas iniciativas como unha excursión ao Barqueiro-Ortigueira no que a veciñanza poderá optar por visitar Estaca de Bares e o pobo do Barqueiro ou facer unha ruta en caiac pola ría.

Outra novidade será unha excursión de catro días a Navarra e A Rioxa, que terá lugar do 22 ao 25 de setembro. A maioría das actividades serán de participación libre e gratuíta, se ben sempre será preciso anotarse no Concello de Frades: 981 695 567 ou 981 695 663.

Post navigation

Previous: A Xunta presenta en Boqueixón os investimentos nos polígonos industriais da bisbarra
Next: De tapas por Silleda coa terceira edición de Tapecos

Máis novas

Unha das estradas arraxadas en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Frades inviste case 165.000 € na mellora de accesos e pistas

Piscina muicipal de Frades, imaxe de arquivo
1 minute read
  • Xeral

Frades prohibe o uso da auga municipal para encher piscinas e regar xardíns

Imaxe da planta potabilizadora de Ponte Carreira en Frades
3 minutes read
  • Xeral

Ampliación da planta potabilizadora de Ponte Carreira en Frades

Un momento do pleno en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso asinarán un convenio para mellorar a estrada Fontelo (Aiazo)-A Igrexa (San Román de Pasarelos)

Unha das estradas arranxadas en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Melloras nos acceso ás aldeas de Frades

Imaxes dos accesos construídos en Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades inviste máis de 180.000€ na mellora de accesos

O alcalde asina o acordo para aunirse á rede contra o acoso escolar
2 minutes read
  • Xeral

Frades adhírese á Rede de Concellos contra o Acoso Escolar

Imaxe dunha edición anterior de O fío do tempo
2 minutes read
  • Xeral

Frades pon en marcha “O fío do tempo”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.