Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

O pleno de Frades aprobou destinar o diñeiro a mellorar as vías en peor estado

frades pleno xullo 31 xullo 2026

Frades, 31/07/2026 – Frades celebrou o pleno ordinario correspondente a xullo no que quedou demostrada “a boa saúde financeira do consistorio” en palabras do goberno. Algo apoiado polo decreto de liquidación do exercicio 2025, que certifica un excelente período medio de pago aos provedores de só 10,52 días.

Esa situación económica permite a Frades aprobar en este mesmo pleno, de forma unánime, un suplemento de crédito de 95.000 euros destinado integramente a investimentos sustentables no rural.

O goberno popular de Roberto Rey subliñou que estes fondos aplicaranse a pistas que xa non admiten un simple parcheo, senón que precisan dunha reforma estrutural completa desde a zona interna da calzada.

A corporación municipal aprobou tamén, coa abstención do PSOE, fixar como festivos locais para o ano 2027 o Martes de Entroido e o día de San Xoán.

Solucións reais para o abastecemento de auga

Un dos momentos máis destacados da sesión produciuse na quenda de rogos e preguntas, cando o alcalde, Roberto Rey, fixo balance sobre as incidencias puntuais coa subministración de auga no mes de xullo. O rexedor puxo en valor o inmenso músculo agrogandeiro do municipio, que conta con 70 granxas (con preto de 300 vacas de media).

Rey ilustrou a magnitude do desafío hídrico cunha comparativa clara: “Darlle auga a unha destas granxas é como darlle auga a toda unha parroquia”. Na actualidade, a rede de Frades soporta un consumo equivalente ao dunha poboación de máis de 30.000 habitantes.

Ante esta enorme demanda estrutural, o alcalde avanzou que a estratexia do goberno local non pasa por instalar un novo depósito, xa que a presión pérdese polo camiño, senón que xa se está a formular a ampliación e mellora da actual planta potabilizadora para garantir un servizo óptimo e de futuro tanto para a veciñanza como para o sector primario.

“O dato mata ao relato” en materia sanitaria

No eido sanitario, o grupo de goberno de Frades amosou a súa vontade de consenso apoiando unha moción do PSOE sobre a situación da atención primaria. Con todo, Manuel Ferreiro Marzoa, concelleiro de Sanidade, desmontou calquera crítica á xestión local baixo a premisa de que “o dato mata ao relato”.

O goberno demostrou con cifras que Frades conta hoxe con máis profesionais e lembrou o esforzo extraordinario do Concello, que está a actuar máis alá das súas competencias estritas financiando a instalación de sistemas de aerotermia e nova iluminación LED para renovar o centro de saúde local.

Seguridade viaria: diálogo fronte a expropiacións

A proactividade do equipo de Roberto Rey tamén se materializou noutra moción de urxencia, defendida polo concelleiro popular Manuel Ferreiro, para reclamar a mellora viaria e a creación dun itinerario peonil entre a DP-3801 e a DP-3802 ao seu paso por Moar.

Esta infraestrutura conectará con seguridade puntos neurálxicos como a igrexa, o parque xuvenil, a capela de San Roque e o campo da festa, poñendo en valor o patrimonio. Aprobada por unanimidade, a obra xa está incluída no novo plan, destacando o compromiso do alcalde por levar adiante os traballos de forma negociada cos propietarios, evitando en todo momento recorrer á expropiación de terreos. Por último, en relación ás reclamacións históricas sobre o estado da N-634, o grupo de goberno mantivo a súa firmeza fronte ao Executivo central.

Tras o recente escrito do Estado propoñendo unha cesión gratuíta da vía, rexeitada en pleno por tratarse dunha reivindicación pendente dende 2018 sen o correspondente arranxo previo, o Goberno de Frades advertiu que “o Concello non pode estar a tonterías” cos vaivéns de Madrid. O proxecto de reforma supera xa o millón de euros e o Concello exixe a sinatura dun convenio oficial e serio antes de iniciar calquera nova conversa.

Post navigation

Previous: Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM
Next: Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.