Bisbarra, 14 de xaneiro do 2025 – O Pleno Municipal do Concello de Frades aprobou en sesión extraordinaria a participación no POS+ Adicional 1/2025 da Deputación da Coruña.

Trátase dun trámite que estes días seguen tódolos concellos xa que os cartos recibidos por este plan destínanse ao financiamento de gastos sociais extraordinarios, unha necesidade imperiosa en concellos como o de Frades, cunha boa parte da poboación maior de 65 anos e , en moitos casos, vivindo soa.
O POS+ Adicional 1/2025 destinará a Frades 56.394 euros.. A proposta de participación, presentada pola alcaldía, saíu adiante cos votos a favor de PP e PSOE, e coa abstención do BNG, repetindo así a mesma votación ca en 2024.
O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explicou que esta achega irá destinada a ampliación do servizo de axuda no fogar, das axudas de emerxencia social e para dependencia.