Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades reduce a cero a súa débeda bancaria

frades reduce deuda bancaria 29 outubro 2025

O pleno de Frades aprobou un suplemento de crédito que servirá para cancelar a débeda bancaria do concello, non tendo ademais débeda algunha con provedores.


En tempos nos que algúns concellos recorren a préstamos para poder acometer obras ou financiar servizos Frades consegue reducir a cero a súa conta pendente cos bancos. O pleno aprobou por un un suplemento de crédito de 63.000 euros para amortizar a débeda bancaria.

O concello de Frades tiña a débeda debido á execución das obras de construción do centro sociocomunitario de Ponte Carreira. o concelleiro de Economía e Facenda, Manuel Ferreiro Marzoa. Explica que “Con esta amortización, o Concello de Frades queda con débeda bancaria cero e tampouco ten débeda ningunha con provedores”.

Este suplemento de crédito executarase con cargo ao Remanente de Tesourería para Gastos Xerais que, tal e como informou o alcalde de Frades, Roberto Rey, ascende a 241.910,66 euros. Un dato procedente da Liquidación do Exercicio 2024, do que se deu conta ao inicio do Pleno e que recolle que o Concello de Frades cumpre cos criterios de estabilidade orzamentaria.

POS+Adicional 4/2025

Finalmente, o pleno aprobou por unanimidade a participación do Concello de Frades no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal POS+ Adicional 4/2025, punto que motivou a convocatoria extraordinaria do pleno.

Roberto Rey explicou que a Frades correspóndenlle 177.240,15 euros, dos que algo máis de 107.000 euros serán destinados a dous proxectos de obras: o aglomerado da pista de acceso á igrexa de Aiazo e o aglomerado da pista entre o cruce de O Prado (Papucín) e estrada AC-524. Os restantes 70.000 euros destinaranse a gasto corrente: “mantemento de accesos a núcleos de poboación, limpeza de cunetas e bacheo”, especificou Roberto Rey.

Post navigation

Previous: Trazo acomete melloras viarias en Morlán
Next: Ordes, Arzúa, Oroso, Santa Comba e Padrón lideran as vendas de MercaNaVila

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.