Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades

Frades apoia apoia a veciñanza contra o mal servicio de Fenosa

Frades celebrou un pleno marcado pola unanimidade e no que decidiuse apoiar as reivindicacións dos veciños  polo mal servizo de Unión Fenosa.
frades-reclamacions-union-fenosa-slide-17-xullo-2020_r

Table of Contents

Toggle
  • Frades, 17 de xullo do 2020 – O concello de Frades celebrou un pleno marcado pola unanimidade e no que decidiuse apoiar as reivindicacións dos veciños  polo mal servizo de Unión Fenosa.
    • Convenio con Mesía
    • Mocións

Frades, 17 de xullo do 2020 – O concello de Frades celebrou un pleno marcado pola unanimidade e no que decidiuse apoiar as reivindicacións dos veciños  polo mal servizo de Unión Fenosa.

Os veciños presentaron un escrito diante da Consellería de Industria e de Unión Fenosa Distribución para esixir unha solución as deficiencias de subministro eléctrico que veñen sufrindo nestes dous últimos anos. No escrito, apoiado coas sinaturas de 65 veciños e veciñas da localidade e agora polo pleno de Frades, denuncian que dende o ano 2019 están sufrindo deficiencias no subministro de luz que afectan tanto a particulares como a negocios. Trátase de interrupcións de pouca duración, pero que poden reproducirse ata 9 veces nun mesmo día e supón un incumprimento do compromiso de servizo da compañía.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, explicou que o escrito entrou no Concello o pasado 1 de xuño, polo que xa se levou á Comisión de Goberno e se lle deu traslado tanto á Consellería como a Unión Fenosa Distribución. “Responderon que o subministro a Ponte Carreira chega a través de dúas liñas de media tensión e por iso os cortes non afectan sempre ás mesmas persoas. Din que van colocar uns aparellos que avisarán de cando hai un problema e en cal das liñas”, indicou Rey Martínez, quen explicou que “agora queremos seguir facendo forza aprobándoo en Pleno e remitíndolle o acordo tanto á Xunta como á UFD”.

Unha medida que foi aprobada por unanimidade e na que se engadiu que “o Concello de Frades ten dúas empresas distribuidoras. O 50% está con Udesa Distribución, onde non hai apenas incidencias ao longo do ano, e o 50% con UFD, onde hai moitas deficiencias e cortes do subministro. Dependendo da parroquia na que se vida hai un servizo diferente por mor da empresa distribuidora”.

Convenio con Mesía

Tamén se aprobou por unanimidade unha nova edición do convenio de colaboración marco para a xestión compartida do servizo de mellora, mantemento e protección do ambiente e do medio natural dos concellos de Frades e de Mesía, que este ano conta cunha achega de 76.600 euros por parte da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. “Compraremos dúas rozadoras para os tractores que se encargan de rozar as pistas forestais e dous remolques con depósitos de limpeza para acondicionar as prazas, áreas recreativas e espazos naturais de ambos concellos”, explicou Roberto Rey.

Así mesmo, explicou que “nos presentamos con Mesía porque puntúa máis para a subvención que te presentes en grupo ca de forma individual e tamén porque é un municipio moi parecido ao noso, polo que as necesidades e intereses adoitan ser tamén comúns”. De feito, das seis ocasións nas que Frades e Mesía concorreron a estas subvencións, foron elixidos en cinco.

Mocións

O PSOE sacou adiante por unanimidade a súa moción na que instaba á Xunta de Galicia “a executar de forma inmediata os fondos Feder para o sector agrogandeiro e elaborar un plan autonómico para o sector”, segundo explicou o seu voceiro, Enrique Astray. O voceiro do PP, Manuel Ferreiro, lembrou que “a Xunta de Galicia xa está executando este tipo de plan pero paréceme ben e imos apoiar todo o que vaia en beneficio dos nosos agricultores e gandeiros”.

Finalmente, a moción presentada polo BNG non saíu adiante na forma que estaba proposta. O seu voceiro, Manuel Míguez, pedía a creación dunha plataforma de comercio en liña en Frades xa que “o comercio online é unha boa saída para chegar a un importante número de clientes potenciais”, se ben recoñeceu que “precisamos duns métodos modernos para os que o comercio de Frades non está preparado”, polo que pediu que fose o Concello quen asumira a realización desta plataforma web.

O voceiro do PP, Manuel Ferreiro, indicou que “se ben é un proxecto atractivo, non sabemos canta xente poida estar interesada en participar. É preciso primeiro estudalo ben”, polo que propuxo convocar a unha reunión a todos os comerciantes e veciñanza interesada en participar. Deste xeito, a petición de creación da plataforma decaeu e foi substituída por outra consensuada polos tres grupos: crear unha mesa de traballo para estudar a viabilidade da posta en marcha dunha plataforma de comercio online. O alcalde, Roberto Rey, xa indicou que se porán en contacto con algunha empresa especializada na cuestión para que lles explique as vantaxes e as cousas que habería que achegar para poñer en marcha esta plataforma.

Post navigation

Previous: O Valedor do Pobo advirte ao concello do Pino
Next: Alcaldes. Teo, Rafa Sisto

Máis novas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

roberto rey alcalde de frades 2
2 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Roberto Rey, alcalde de Frades

frades reforma etap 16 setembro 2026
1 minute read
  • Xeral

Frades asina hoxe o proxecto de reforma da ETAP

frades centro saude ponte carreira 8 setembro 2026 (2)
3 minutes read
  • Frades

Reabre o Centro de Saúde de Ponte Carreira

A Deputación financiará obras nos Canedos e O Pazo, en Frades
3 minutes read
  • Xeral

Melloras de seguridade viaria en Frades

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Unha das estradas arraxadas en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Frades inviste case 165.000 € na mellora de accesos e pistas

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.