Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades aproba os orzamentos para 2025

Concello de Frades 20170808_135236 slide_r

O concelleiro de Economía, Manuel Ferreiro, salienta que “son uns orzamentos que buscan ofrecer máis e mellores servizos a unha poboación envellecida, uns servizos nos que Frades é todo un referente a nivel provincial”

Imaxe dun pleno anterior en Frades

Frades aprobou os Orzamentos para 2025, que ascenden a 2.498.641,56 euros e medran un 4,36%. Unhas contas que “garanten a eficacia e a eficiencia do sistema municipal, co obxectivo de ser unha entidade solvente e ben xestionada”, asegurou o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez.

Rey Martínez destacou que os Orzamentos de 2025 “son equilibrados e incrementan o gasto social”. As contas saíron adiante e sen debate ningún cos votos a favor do Grupo de Goberno do PP e as abstencións de PSOE e BNG.

Roberto Rey destacou o seu forte carácter social. O alcalde de Frades puxo en valor o incremento dun 8% nas partidas destinadas a gasto social, subvencións a asociacións do municipio, casas niño, casas do maior, emerxencia social e, especialmente aos servizos de axuda no fogar que o Concello de Frades presta a través da Mancomunidade de Municipios de Ordes.

Con estes orzamentos o Concello de Frades achegará máis de 395.000 para a prestación do servizo de axuda a domicilio, nas modalidades de libre concorrencia como de dependencia, atención temperá, igualdade, CIM, traballo social…

O alcalde de Frades tamén destacou o traballo que se realiza dende a Mancomunidade xa que “tal e como está agora o tema da dependencia, hoxe en día sería difícil atopar xente que quixera vir a traballar a Frades. Hai concellos que están tendo serios problemas para poder prestar o servizo porque non atopan profesionais nin empresas dispostas. Ao compartir a prestación do servizo a través da Mancomunidade, a maioría é xente de Ordes á que non lle importa vir traballar a Frades”.

No capítulo de bens correntes o orzamento sitúase nos 1.095.000 euros, un 6,8% máis co ano anterior, e representa o 43,84% do gasto total. Uns cartos que permitirán financiar os costes de servizos como a recollida de lixo, saneamento, abastecemento de auga, alumeado público, mantemento de áreas públicas, roza de estradas, mantemento de camiños municipais, actividades deportivas, culturais e a financiación dos Servizos Sociais de Frades, entre os que se inclúen fisioterapia, podoloxía e perruquería gratuítas a domicilio para as persoas maiores e dependentes.

O concelleiro de Economía, Manuel Ferreiro, salienta que “son uns orzamentos que buscan ofrecer máis e mellores servizos a unha poboación envellecida, uns servizos nos que Frades é todo un referente a nivel provincial”.

Investimentos

Os investimentos reais ascenden este ano a 334.516 euros, onde destacan os 273.916,59 euros destinados a dous proxectos: “Mellora de accesos ao punto limpo de Frades e outros” (181.496,06 euros) e “Melloras nos accesos na Igrexa (Moar) e outros” (92.420,53 euros), que inclúen un total de nove actuacións nas distintas parroquias do municipio.

O primeiro dos proxectos inclúe a mellora dos accesos ao punto limpo de Frades (Céltigos) e á localidade de Caboladrón (Mesos), así como melloras no aparcadoiro do CPI de Ponte Carreira (Gafoi). Así mesmo, mellorarase o entronque coa estrada DP-3802 en Aiazo e a pista de O Pazo a Vistalegre (Galegos). O segundo proxecto destínase integramente á mellora de accesos a núcleos, concretamente os de Igrexa (Moar), Quintá (Papucín), Augasantas-Aboi (Céltigos) e Os Loureiros (Vitre).

O alcalde de Frades explicou que non se incluíu nos Orzamentos de 2025 o Plan Complementario, por 270.001,38 euros, xa que “aínda non está aprobado e haberá que engadir outras subvencións solicitadas pero aínda non concedidas polo que na liquidación das contas agardamos que o nivel de investimentos sexa igual ou superior ao de anos anteriores”. O Plan Complementario inclúe dous proxectos: “Mellora da pista de Fondevila ao Cabezo (Abellá) e outros” (163.889,53 euros) e “Pista da Igrexa a Devesa (Aiazo) e outro” (106.111.87 euros).

O primeiro proxecto inclúe a mellora dos accesos ás localidades de Taberna (Abellá), á área recreativa Os Pasos (Aiazo), Añá de Meus (Añá), Sibío (Gafoi), Reboredo (Galegos) e Barazón (Moar). Así mesmo, contémplanse melloras nas pistas de Fondevila ao Cabezo e do Castro a Pumariño, ambas as dúas na parroquia de Abellá. Finalmente, o segundo proxecto inclúe melloras en dúas pistas: da Igrexa a Devesa (Aiazo) e do Prazo á AC-524 (Papucín e Abellá).

Non incremento de taxas

Finalmente, os gastos de persoal medran ata os 605.402 euros, xa que inclúen as actualizacións dos salarios establecida para este ano. E no capítulo de amortización de débeda, o Concello de Frades destinará 11.000 euros a amortizar o préstamo para a construción do centro sociocomunitario de Ponte Carreira e 96.676 euros para o PAI da Deputación Provincial.

No que atinxe aos ingresos, o alcalde explicou que “manteremos as bonificacións do 95% da cota íntegra do IBI naqueles inmobles onde se desenvolvan exclusivamente actividades agrarias ou gandeiras pertencentes ao sector primario. Deste modo, o Concello renuncia a 30.000 euros de ingresos que quedan nos petos dos nosos gandeiros e gandeiras”.

As previsións de ingresos por taxas municipais é de 302.761 euros, un 15% máis co ano anterior debido principalmente á mellora da eficiencia recadatoria ao actualizar a base de datos. No caso dos impostos directos (IBI, IAE e Vehículos), ascende a 434.679 euros, un 2,2% máis debido ás actualizacións dos valores catastrais. Finamente, mantéñense os 30.000 euros de ingresos por impostos indirectos.

Post navigation

Previous: O pleno de Teo modifica distintas normas do PXOM
Next: O máis lido en Lindeiros do  24 ó 28 de marzo

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.