Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Frades
  • Oroso

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

Esta vía une Frades e Oroso desde Aiazo a San Román de Pasarelos

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)

Frades / Oroso – 14/10/2026 – A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, e os alcaldes de Frades, Roberto Rey, e Oroso, Álex Doval, supervisaron a derradeira fase dos traballos de mellora da estrada que une as localidades de O Fontelo, na parroquia de Aiazo (Frades), e A Igrexa, na parroquia de San Román de Pasarelos (Oroso).

Unha inversión de algo máis de 95.000 euros e que conta cunha achega de case 50.000 euros a través da orde  infraestruturas de uso público de 2026 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Os traballos contemplan a renovación da capa de rodaxe en dous tramos do viario de preto de 2 quilómetros, un en cada Concello. En ambos tramos realizarase a aplicación dunha capa de 3 centímetros de mestura bituminosa descontinua, previa reparación dos baches mediante grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

As actuacións completaranse coa limpeza de gabias e salvagabias para garantir unha correcta drenaxe lonxitudinal e transversal da vía, así como coa renovación da sinalización horizontal mediante o pintado das liñas de bordo.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, puxo en valor este tipo de actuacións conxuntas “como a que fixemos o ano pasado en Castiñeiro Redondo, porque non ten sentido arranxar unha pista ata a metade do traxecto e que a outra metade estea sen arranxar. Esta estrada entre Aiazo e Pasarelos é coñecida pero non era tan usada pola veciñanza porque non estaba nas mellores condicións”.

A delegada puxo en valor a colaboración entre Frades e Oroso para dar resposta a necesidades comúns e impulsar actuacións que repercuten directamente no benestar da cidadanía.

Neste sentido, subliñou que a mellora das estradas municipais resulta fundamental para facilitar os desprazamentos cotiáns, favorecer a conexión entre parroquias e concellos limítrofes e incrementar a seguridade viaria, especialmente en contornas rurais.

Orde 2026

Belén do Campo lembrou que esta orde vai dirixida á creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais e está dotada cun orzamento de 3,5 millóns de euros.

A través desta convocatoria subvenciónanse as obras nas redes de alumeado público; a pavimentación de camiños públicos municipais; e as obras en prazas, parques, paseos e rúas. A estas engádense a creación ou rehabilitación de edificios ou dependencias municipais destinadas á prestación de servizos municipais, así como a mellora da súa accesibilidade ou a dotación de equipamentos destes edificios ou dependencias.

Castiñeiro Redondo

En 2025, Frades e Oroso procederon ao arranxo conxunto en aglomerado dunha estrada de 1.350 metros que atravesa a localidade de Castiñeiro Redondo, que comparten Frades e Oroso (pois 915 metros pertencen á parroquia fradense de Moar e os 435 restantes á parroquia orosá de Calvente).

Unhas obras licitadas en 54.626 euros e financiadas grazas a un convenio de colaboración asinado entre os Concellos de Frades e Oroso coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, que achegou máis de 47.000 euros.

Post navigation

Previous: Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela
Next: Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.