Bisbarra, 4 de novembro do 2022 – Os concellos de Frades e Ordes adquiriron de forma conxunta unha rozadoira para tarefas de coidado e limpeza medio ambiental.
O concellos recibiron unha axuda de 35.700 euros da Xunta de Galicia ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. Trátase dunha partida destinada ao apoia o funcionamento de servizos de este tipo. A achega permitirá cofinanciar os gastos de funcionamento e á adquisición dunha rozadoira lateral
O novo equipamento foi presentado coa presencia do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto.
Foron recibidos polos alcaldes de Frades, Roberto Rey Martínez, e Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo, acompañados dos seus respectivos concelleiros de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa e José Manuel Rodríguez Méndez, respectivamente.
A nova rozadoira lateral, ten sesenta cabalos de potencia e conta cunha transmisión indirecta para que sexa máis segura á hora de traballar. Conta cunha garantía de 4 anos e para maior comodidade e seguridade do condutor á hora de rozar, leva o brazo adiantado uns centímetros para ter mellor visibilidade.
Ambos os dous alcaldes agradeceron a colaboración da Xunta de Galicia e puxeron en valor o traballo de roza e mellora das pistas municipais que se acometen ao longo de todo o ano, debido á gran cantidade de quilómetros de responsabilidade local que, no caso de Frades, supera os seiscentos. Finalmente, o vicepresidente segundo aproveitou tamén para asinar no Libro de Honra do Concello de Frades.