Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades abre inscricións na oitava edición da Carreira Pedestre Popular

Frades convoca a súa Carreira Pedestre Popular, que terá lugar na mañá do luns 1 de maio e que repartirá case 2.000 euros en premios.
frades-carreira-pedestre-slide-13-abril-2023_r

Bisbarra, 13 de abril do 2023 –  O Concello de Frades convoca a oitava edición da súa Carreira Pedestre Popular, que terá lugar na mañá do luns 1 de maio e que repartirá case 2.000 euros en premios.

A Carreira conta coa colaboración na organización da Federación Galega de Atletismo. Terá saída e chegada na praza pública de Ponte Carreira e unha lonxitude de 8,6 quilómetros na súa categoría absoluta. A proba está ademais incluída no IX Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña.

As inscricións deberán realizarse a través da páxina web www.emesports.es. As anotacións nas probas escolares son totalmente gratuítas (sub 6, sub 8, sub 10, sub 12, sub 14, sub 16 e sub 18) mentres que os demais atletas (sub 20, sub 23, senior e Master 1, 2, 3 e 4) deberán achegar 5 euros. O prazo de inscrición estará aberto ata as 23:59 horas do 27 de abril. Non se admitirán inscricións fóra dese prazo.

Premios

O Concello de Frades destina  á Carreira Pedestre Popular un total de 1.930 euros en premios para os cinco primeiros clasificados da categoría absoluta (250, 150, 100, 75 e 50 euros), tanto na categoría masculina como feminina; así como para os tres mellores equipos (150, 100 e 50 euros).

A clasificación por clubs será establecida a través da suma dos puntos acadados polos seus 8 primeiros corredores en cruzar a liña de meta. A maiores, repartiranse vales de 100, 50 e 30 euros para os clubs que máis participantes achegue á categoría escolar, vales que poderán cambiar por material deportivo.

Ademais dos premios en metálico, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto para homes como para mulleres. O Concello de Frades tamén entregará trofeos especiais aos tres primeiros equipos masculinos e femininos, así como para os tres primeiros clasificados/as empadroados/as en Frades. Así mesmo, haberá medallas para todos os participantes escolares. Os trofeos non serán acumulativos, agás os correspondentes aos atletas locais.

Só se admitirá a participación de clubs federados nos premios en metálico, que terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou, no seu defecto, da Delegación correspondente. Na confección do Club non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubs nin filiais do mesmo. Ademais, os equipos poderán ser masculinos ou femininos, non mixtos.

Paula Mayobre é a dominadora absoluta desta proba, que gañou en cinco das súas sete edicións (só quedou segunda en 2016, tras Ester Navarrete, e non participou na edición de 2022, que gañou Edymar Daniely Brea). Pola contra, na proba masculina só Lolo Penas e Nuno Costa, actual campión, foron quen de inscribir o seu nome dúas veces entre os gañadores. O resto de triunfos foron para Víctor Rioboo, Hassan Lekhili e David Santos.

Probas

A VIII Carreira Pedestre Popular Concello de Frades desenvolverase a partir das 10:15 horas do 1 de maio na contorna da praza pública de Ponte Carreira. A proba principal, con saída ás 11:45 horas, percorrerá 8,6 quilómetros nunha ruta que combina asfalto e terra e que terá saída e chegada na praza pública de Ponte Carreira.

Os atletas correrán cun Chip que lles será entregado no momento de recoller o dorsal e que deberán entregar unha vez crucen a meta. Os dorsais poderán recollerse na Secretaría da Competición, na praza de Ponte Carreira, ata media hora antes da proba. Haberá servizo de vestiario e de duchas a disposición de todos os atletas no polideportivo municipal.

As probas escolares darán comezo ás 10:15 horas coa categoría Sub 6 (nados en 2018 e posteriores) que farán un percorrido de 300 metros (unha volta á praza). Ás 10:25 horas será a quenda dos sub 8, que percorrerán 500 metros. Oitocentos metros serán os que percorran os sub 10 e sub 12; mentres que os sub 14 e sub 16 feminino afrontarán 2.000 metros.                                A proba principal sairá ás 11:45 horas.

A VIII Carreira Pedestre Popular Concello de Frades está organizada polo Concello de Frades e a Federación Galega de Atletismo. Conta coa colaboración de: Deputación da Coruña, Cooperativa Leiteira de Frades, Feiraco, Centro de Fisioterapia y Rehabilitación Jessica Gómez, Gofer Ordes, Sportec Ordes, Toribio Viqueira, Nutri Sport, Garabato de Xogos, Camba Distribuciones SL, Eurofrut Sigüeiro, Bar Vilariño, Supermercado Claudio María Vázquez Pardo, Froitería A Nova, Pepsico, Erimsa, Carreiras Galegas e Imprenta Alpi.

Post navigation

Previous: Conversa con Edmundo Díaz; personaxe e autor de “Mamá”
Next: O concurso de novos talentos Peregrinos Musicais xa ten gañadores

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.