Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Frades

Frades pon en marcha “O fío do tempo”

Imaxe dunha edición anterior de O fío do tempo

Imaxe dunha edición anterior de O fío do tempo

Frades, 22/04/2026 – O Concello de Frades, en colaboración cos Servizos Sociais da Deputación da Coruña, pon en marcha “O fío do tempo”. Un programa de actividades interxeracionais nas que participarán as persoas usuarias das casas do maior “Sorrisos” (Abellá) e “O Noso Fogar” (Galegos), así como rapazada da ESO do CPI Ponte Carreira.

Manuel Ferreiro, alcalde en funcións, explica que co “O fío do tempo” o Concello de Frades pretende promover a transmisión de valores, inquedanzas, coñecementos e vivendas entre estes dous grupos de idade.

Ferreiro engade que “a transmisión de coñecementos e experiencias por parte dos maiores, así como o pulo e as inquedanzas dos máis novos son algo do que ambos grupos poden sacar cousas moi positivas. En especial nun concello coma o noso, con tanta xente maior, onde temos a obriga de perpetuar o seu legado”.

A estrea de “O fío no tempo” terá lugar este venres 24 de abril, a partir das 10:00 horas, no centro sociocomunitario de Ponte Carreira. Nel participarán as dez persoas maiores usuarias das casas do maior “O noso fogar” e “Sorrisos”, así como un grupo da ESO do CPI Ponte Carreira.

“Sempre defendín este tipo de encontros interxeracionais. Ver a maiores e rapazada desfrutando xuntos, compartindo vivencias, paréceme do mellor que se pode facer e agardamos que as persoas que participen desfruten desta experiencia e queiran repetir”, apunta Ferreiro Marzoa.

A intención do Concello de Frades é que “O fío no tempo” se asente como un encontro periódico entre os maiores e a mocidade do municipio, de forma que se programan distintas sesións ao longo do ano.

Esta iniciativa xurde tras o éxito do programa “Lecturas compartidas cos nosos maiores”, posto en marcha polo CPI Ponte Carreira, a través do equipo do equipo de dinamización da lingua galega e da biblioteca do centro, en colaboración co Concello de Frades.   

Post navigation

Previous: Unto Vello presenta “Inmaterial” en Arzúa
Next: A Unión Hotelera de Santiago preocupada pola “falta de estratexia aeroportuaria”

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.