Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades celebra a DIA negativa do parque eólico Gasalla

Tras a suspensión dos parques de Campelo e Bustelo, e a DIA negativa do de Alvite, a Xunta declara tamén ambientalmente non viable o de Gasalla.
PROYECTO PARQUE EÓLICO GASALLA

GREEN CAPITAL POWER S.L.

Bisbarra, 30 de xaneiro do 2023 – Tras a suspensión dos parques de Campelo e Bustelo, e a DIA negativa do de Alvite, a Xunta declara tamén ambientalmente non viable o de Gasalla.

.

O equipo de Goberno de Frades celebra esta declaración desfavorable do proxecto do parque eólico Gasalla emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Un proxecto que pretendía instalar 7 aeroxeradores de 3,465 MW de potencia unitaria (24,255 MW de potencia total) nos concellos de Frades e Mesía promovido tamén por Green Capital Power SL.

O concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, explica que “dende o Concello de Frades presentamos unha alegación con ata 16 puntos no que amosabamos a nosa total oposición ao parque eléctrico de Gasalla e celebramos que finalmente a Xunta atendera a nosa petición e emitira Declaración de Impacto Ambiental negativa”.

A este proxecto formuláronse un total de 551 alegacións, das que 536 foron presentadas por particulares, 2 por Concellos (Frades e Mesía) e 13 por asociacións, empresas e outras organizacións.

Presentación de alegacións

Ferreiro Marzo engade que “De feito, ademais de presentar a nosa alegación, o Concello de Frades puxo a disposición da veciñanza os servizos da oficina técnica de Urbanismo do Concello para informarlles sobre a situación e axudarlle á presentación das súas propias alegacións”.

Esta non é a primeira ocasión na que o Concello de Frades presenta alegacións contra un proxecto de parque eólico. En abril de 2021, o equipo de Goberno fradense presentou alegacións ao parque eólico Brancellao por non ser compatible nin co planeamento nin co medio socioeconómico e produtivo do municipio. Un proxecto que tamén recibiu informe de impacto ambiental negativo por parte da Xunta de Galicia, como o de Gasalla agora.

Manuel Ferreiro recalca que “a non posición non é contraria á implantación de enerxías renovables, sempre que sexa dunha forma ordenada e programada naqueles territorios que se consideren idóneos, en coordinación previa coas entidades locais e sempre que gocen dunha ampla aceptación veciñal. Así o temos manifestado en numerosas ocasións e, dende 2019, mantemos un acordo co resto dos alcaldes da Mancomunidade de Ordes para dicir non aos parques eólicos na comarca”.

Post navigation

Previous: Ames terá o seu propio transporte público
Next: Polémica na Baña por duplicarse, nun ano, o custo das facturas do concello

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.