займ срочно

Mercado de Artesanía este domingo en Frades

0

Bisbarra, 9 de decembro do 2022 – O concello de Frades organiza este vindeiro domingo, día 11, a terceira edición do Mercado de Artesanía.

A cita será na praza de Ponte Carreira desde as dez da mañá ata as sete da tarde. No Mercado de Artesanía de Frades adoitan participar unha ducia de artesáns locais e da comarca, que ofrecen á persoa visitante a posibilidade de adquirir os máis singulares agasallos e adornos para este Nadal e feitos a man.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, amosouse moi satisfeito co desenvolvemento das dúas primeiras edicións do Mercado de Artesanía e anima “a toda a xente a que se achegue a comprar algo no mercado e visitar tamén a nosa hostalería e comercio local”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies